Lidia Veiga é a gañadora do XXIV Premio de Interpretación Teatral Maruxa Villanueva que outorga o Concello de Padrón

03 Marzo 2025

Lidia Veiga é finalmente a gañadora do XXIV Premio de Interpretación Teatral Maruxa Villanueva, galardón outorgado polo Concello de Padrón en recoñecemento a súa interpretación na obra Iribarne. O seu papel nesta peza co-producida pola compañía Butaca Zero e polo Centro Nacional Dramático valeulle a candidatura aos Premios Max á mellor interpretación feminina, así como ser nomeada aos premios María Casares como mellor actriz protagonista. O xurado, presidido polo alcalde de Padrón Anxo Arca, salientou a calidade e versatilidade interpretativa da actriz natural de Arzúa ademais da súa capacidade para construír personaxes con profundidade e autenticidade “mantendo como valor a lingua galega como fórmula de elaboración interpretativa e artística”.

O xurado, reunido o mércores 26 de febreiro no centro social do Concello de Padrón, estivo formado ademais de polo alcalde Anxo Arca por Inma López Silva, escritora e profesora da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia; o actor e profesor da Universidade da Coruña Carlos Caetano Biscainho Fernández; Afonso Becerra, dramaturgo, profesor da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, membro do consello asesor do Centro Dramático Galego e membro do consello de redacción de revistas de teatro; Roberto Pascual, profesor da Escola Superior de Arte Dramática, dramaturgo e xestor cultural; e a animadora social de Padrón, María Cruz Taboada.

Unha traxectoria chea de recoñecementos

O Premio de Interpretación Teatral Maruxa Villanueva destaca a traxectoria de Lidia Veiga e a súa participación en proxectos teatrais de gran relevancia, sendo unha intérprete recoñecida tanto pola crítica como polo público en diferentes ámbitos da escena. Obras de teatro como #Camiños, da compañía ButacaZero, O premio, de Quintana Teatro; series de televisión como A Lei de Santos ou Método Criminal, producidas pola TVG; curtametraxes como Onde dormen as gaivotas ou Ou que queda de nós; e documentais como Mariví, na pel dá memoria ou Os Espazos en Branco, forman parte da súa traxectoria profesional que inclúe tamén a súa labor como actriz de simulación en cursos de emerxencias obstétricas para o Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo en colaboración coa ESADg, o traballo como profesora de teatro en asociacións culturais e centros educativos, a dobraxe, e a presentación e creación de contido para o podcast O Exército Mekemeke.

Lidia Veiga estreou nos dous últimos anos traballos como Os Argonautas e a moeda de ouro (serie infantil producida por Portocabo, RTVE e Clan TV) e filmes como Matria, ou Cando Toco un Animal, a súa primeira película como actriz protagonista e pola que estivo nominada aos Premios Mestre Mateo o pasado ano nunha gala na que exerceu ademais como presentadora. En 2023 tamén formou parte do elenco dunha das producións teatrais do Centro Dramático Galego xunto á compañía Elefante Elegante coa obra Un hotel de primeira sobre o río pola que estivo tamén nominada aos Premios María Casares como mellor actriz protagonista.

Lidia Veira recibirá como gañadora do XXIV Premio de Interpretación Teatral Maruxa Villanueva 1.200 euros, un diploma acreditativo e unha figura coa imaxe da actriz Maruxa Villanueva nun acto de entrega que terá lugar nos vindeiros meses en Padrón.

Con este premio, o Concello de Padrón reafirma o seu apoio á escena teatral e ao talento interpretativo galego, sumando esta iniciativa ao seu compromiso coa cultura e as letras, que tamén se reflicte no Premio de Narrativa Camilo José Cela e no Certame Poético Rosalía de Castro.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...