Este mércores 5 comezan os arranxos da rúa Romero Ortíz de Ribeira

04 Marzo 2025

Aínda non se cumpriron nin tres anos do remate dos traballos que remodelaron a rúa Romero Ortíz, impulsados polo anterior executivo, e xa cómpre volver investir recursos para volvela acondicionar. Os motivos son dous: o intenso tráfico que discorre por esta centra e histórica rúa de Ribeira que leva aos barrios altos de Santa Uxía (Monumento, O Queiro, O Pombal, Martín, etc) e o uso de materiais que nunca deberan ser empregados en sitios de circulación de tráfico intenso: as laxes de pedra tipo baldosa. O resultado foi que ao pouco de ser inaugurada xa presentaba importantes fochancas que comprometeron durante moito tempo a seguridade da veciñanza, con caídas de persoas rexistradas practicamente cada semana, problema que é extensíbel á contorna da farmacia do porto, no inicio da rúa Romero Ortíz, no que é difícil atopar unha baldosa que non estea rota polos vehículos. Con estes vimbios, o Goberno actual tivo que iniciar un proxecto para emendar o evidente deterioro das franxas pétreas do firme, traballos que, segundo confirmou o Concello, arrincan este mércores de marzo. A brigada municipal de obras porá o foco en substituír este embaldosado existente por formigón impreso.

Comezarase polas zonas de rúa máis anchas e para facer este traballo será necesario cortar un sentido de circulación. A rúa quedará en dirección subida (cara a Martín) no tramo comprendido entre a rotonda do Malecón e o cruzamento coa rúa Canteira, Valle-Inclán e Toxo.

O concelleiro de Obras, Xabier Vidal, detalla que con esta actuación preténdese “poñer fin, dunha vez por todas, ás roturas constantes que se producen nas franxas de pedra” e engade que “imos empregar formigón impreso que ten maior resistencia para solucionar este defecto estrutural”.

Ademais detallou que se vai tratar de calmar o tráfico coa adopción de medidas como o reforzo da sinalización ou a elevación dalgunha franxa. Vidal Peón detallou tamén que está previsro realizar unha zona de carga e descarga na zona do Malecón para facilitar que os servizos de reparto e particulares teñan onde deixar o coche un tempo e facer recados. Poderase seguir accedendo aos garaxes e os servizos de transporte como os autobuses están xa avisados pola Policía Local.

Outros artigos

Poñendo en valor os nosos máis de 2.500 km de costa

A Xunta impulsa o Camiño do Litoral cunha ruta única de norte a sur Alfonso Rueda xunto a un dos sinais identificativos da ruta Galicia conta desde esta tempada estival cun novo proxecto que permitirá a veciños e visitantes desfrutar ao máximo da súa costa ao tempo...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

Sempre tiven curiosidade pola etimoloxía da nosa onomástica. Pero tamén polosalcumes, para coñecer as razóns que os motivaron. De aí que sexa un atento lector dostextos das esquelas que se publican nos xornais.O mes de agosto sempre foi un mes moi festeiro. Por estas...

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

El rey ausente. Los muertos son números que forman parte de una estadística. ¿Números? Si. Si muere en el exterior, es el número del pasaporte, si muere en el hospital en número de la seguridad social, si muere en casa el número del DNI. Los 100 muertos en el mar,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.