Reabre ao tráfico con limitacións a rúa Romero Ortiz de Ribeira logo dos traballos de remodelación

23 Xuño 2022

As obras para instalar unha plataforma única na rúa Romero Ortiz de Ribeira, destinadas tamén a incrementar a seguridade e a accesibilidade de viandantes e condutores, chegaron estes días ao seu treito final. De feito, o Concello informou de que está previsto reabrir a rúa ao tráfico rodado a partir da media tarde deste xoves 23 de xuño. Fican, iso si, pendentes detalles por concluír que obrigarán a un novo peche a semana que vén, pero só en horario laboral: de luns a venres en horario de 7.30 a 18 horas (permitirase non obstante acceder dende o Malecón a vehículos autorizados ata as rúas Galicia e Manzanares).

Como resultado desta actuación substituíuse o aglomerado da calzada por pavimento de formigón semipulido no que se intercalaron franxas transversais de lousas de granito. A delimitación entre o pavimento de formigón da calzada e a pedra das beirarrúas tivo lugar mediante bordos de granito

Os traballos supuxeron un investimento de 119.790 euros, IVE incluído, e foron executados por Construcciones Anspal, S.L.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.