“El, en Cuba; ela, en Galicia, coidando os cinco fillos, unha casa, leiras de levar e gando posto”. Antón Luaces

09 Marzo 2025

Pasou o día e pasou a romaría: o Día da Muller Traballadora non será nova ata dentro de 364 días ou, por mellor dicir, ata o 8 de marzo de 2026. Ao longo dese tempo que queda por transcorrer, moitas mulleres morrerán en España a mans das súas parellas ou exparellas. E con elas, algúns fillos vítimas de crimes vigairos nos que a parella ou exparella da muller verte toda a súa frustración porque non ten o que desexa. A que mata, os que mata con ese dobre crime, non son outra cousa ca unha vinganza que, amáis de inexplicable socialmente, humanamente é intolerable. E sendo así, aínda hai instancias neste país que fan que a muller que padece as consecuencias desa acción machista, teña que xustificar o motivo, probable, da agresión.

É tan real o que relato como o son os milleiros de historias rexistradas ao longo de moitos anos de migración galega a países iberoamericanos aos que, dende vai máis dun século, ía polo menos un membro de cada familia na percura duns cartos que aquí non gañaban e que, sern resultar doado facelos, sí era posible acadalos en Cuba, Brasil, Uruguai, Venezuela, Arxentina ou mesmo en Estados Unidos de América a cambio do seu traballo arreo. 

Con diñeiro prestado (coa obriga de devolvelo con fortes jntereses) os migrantes galegos deixaban en casa propia ou alugada a súa familia, e esta tiña que facerse cargo -mandase ou non mandase cartos o migrado- das débedas contraídas para que o home embarcara nos portos da Coruña ou Vigo rumbo á ventura en calquera dos países citados e outros nos que recalaban levados pola fame e a desesperación. 

O migrante (en moitos casos analfabeto) sen medios de vida, percorrendo vilas e cidades na percura de traballo en troques dun xergón de palla no que deitar un maltreito corpo e comprometéndose, cando daba atopado un lugar no que romper o lombo por un xantar que enganaba aos sentidos famélicos, a traballar sen cobrar durante cinco anos e, ao se cumprir este periodo de tempo, pasar a percibir un salario que lle permitiría mandar á familia uns pesos cos que esta comezara a devolver parte do empréstito que permitira a marcha a América de quen tentaba retornar coma un indiano.

Aquí, na casa familiar, os fillos xa mozos traballaban coma mariñeiros ou albaneis; as fillas, nas fábricas de conserva ou de criadas, e a nai botando contas cada mes de canto podería amortizar da débeda e como facer fronte aos gastos de traballar con vaca “posta” unhas leiras alleas das que arrincaba patacas e millo que vendía, o mesmo que facía co leite que daba a  vaca, no mercado diario da vila. Un grolo de leite quedaba na casa e tamén se reservaba millo co que facer a fariña que permitiría amasar e cocer, cada tres ou catro semanas, bolos e bolas de pan e unha empanada de cebola, que outro compango non había.

A mulller, sempre eixo no núcleo familiar, cavando, estercando, arando e prantando nas leiras; amañando a casa; fregando; segando herba para manter a vaca “posta” que algunha vez daría un cuxo que vender na feira; lavando roupa para outras casas no río e cobrar polo labor e, durante meses, anos talvez, sen nada saber de quen un día partiu cara América e ata a volta…

 Outras prestando servizos domésticos e os cativos na casa, ao cargo da filla maior, porque non había escola pública. Con sorte, compatibilizando este traballo co dunha conserveira en calidade de discontínua. 

O Día da Muller Traballadora non está aceptado por todos, por máis que todos fosemos paridos por unha.

Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

+

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De la mentira al insulto”. Xosé Perozo

“De la mentira al insulto”. Xosé Perozo

Días atrás Donald Trump prometió premiar a todos los estadounidenses adultos con 5.000 dólares si su partido triunfa en las elecciones legislativas. Una compra de votos a todas luces imposible de cumplir legal, administrativa y económicamente. Un fraude contra la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.