O concello de Lugo acordou nomear Fillo Adoptivo da cidade ao intelectual Xesús Alonso
Montero e outorgarlle a mesma distinción ao médico que fora represaliado, Rafel de Vega
Barrera (Zazuar, Burgos 1889 – Lugo 1936). Ben feito! Parabéns!.
Aqueles mozos, de finais da década dos sesenta e dos setenta do século pasado, que
despois da Escola Unitaria seguiron a súa formación no Instituto Masculino de Lugo, están
marcados polas ensinanzas de Don Xesús Alonso Montero, un brillante mestre que daba
leccións de todo, que ensinaba o que non traían os libros, que escoitaba aos estudantes e
que falaba con eles para axudarlles na súa preparación para encamiñar o futuro pola senda
do coñecemento, da igualdade, da solidariedade, dos dereitos socias e da xustiza. Xustiza
para os homes e para as mulleres, para o pobo.
Era, e segue sendo, un home da esquerda, un intelectual comprometido cos máis
vulnerables, cos débiles, cos aldeáns que se achegaban ao Instituto da cidade coas mans no
peto baldeiro ou roto, con aqueles que tiñan, como o único ben prezado, a esperanza súa e
a dos seus pais.
Ensinoulles a aquelas quendas de rapaces a importancia de aprender e de saber. Cada día,
antes, despois e durante a clase, mantiña co alumnado relacións de amizade e de confianza,
como auténtico mestre sabio e home honrado. Grazas, profesor! Quizais por iso foi
desterrado e, polo sistema, mal tratado.
Aos poucos días de que o Pleno Municipal de Lugo tomara a decisión de nomealo Fillo
Adoptivo, a alcaldesa Paula Alvarellos Fondo, cando estaba en directo na apertura das festas
do carnaval, sofre unha doenza mortal e morre. Morre no Hospital Universitario de A
Coruña. Foise, seica, “como un paxariño”, en silencio, caladiña e deixando unha tristeza
enorme en tódalas familias políticas e nos corazóns da xente de ben.
Ela, natural de Ponteceso, cando remate o entroido, debería ser incluída, como primeira
muller, na listaxe das persoas homenaxeadas co mesmo título, igual que De Vega e que o
profesor Alonso, igual que outros anteriores, como Felipe Juan Froilán, o poeta chairego,
Manuel María Fernández Teijeiro, e o bispo, Frei Xosé Gómez. Sería unha mensaxe
formidable para os escépticos. Como afirma a Tía Manuela, “sería de xustiza”. “Si, señor!”,
diría, se vivira, don Anxel Fole.
“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla
Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...



