“Avelino Cachafeiro Bugallo, memoria e lingua”. Xosé González Martínez*

03 Marzo 2025

A Avelino Cachafeiro Bugallo, “o gaiteiro der Soutelo”, coñecíno en Vigo en 1969, ano da publicación do seu poemario “Voando coas aas da vida”. Presentaramo Antón Patiño dono da librería Librouro. O primeiro que me chamou a atención foi a súa fasquía física: alto, cuns bigotes brancos moi coidados e a pucha nova. Tal como meu avó. Poderían pasar por seren irmáns.
Na quela altura, Avelino, xa arrombara a gaita e o cuarteto que el dirixía quedara disolto.
Aledouse saber que aquel mozo -daquela tiña eu dezanove anos- coñecese a súa música a través dos discos de pizarra que formaban parte da colección que se gardabancon moito mimo na miña casa familiar. Aquela discografía era a que animaba aos parroquianos que acudían á taberna do meu avó. Había música de todos os estilos. Pero moita galega. Así naceu a miña conciencia sentimental galeguista.
Gardo dúas gravacións da empresa fonográfica Regal. Por un lado está o “Fandango de Pontevedra”. No colante color añil dí: “Dúo de gaitas. Gaiteros de Soutelo de Montes.
Director A. Cachafeiro”. Pola outra cara a lenda é outra: “Muiñeira de Chantada.Solo de Gaita, por Avelino Cachafeiro”. O outro disco recolle en cadansúa cara outras dúas pezas: “Farruquiña, chaman á porta” e “Foliada de Luxán”.
Ambos os dous discos, dunha serie deles, foron gravados posiblemente entre 1928 e Xosé Manoel Rivas Troitiño, biógrafo do gaiteiro de Soutelo, e o musicólogo Rubén Troitiño, son dúas persoas imprescindibles para achegármonos á figura señeira do gaiteiro, que sempre formou grupo cos membros da súa familia. Acadaran tal sona que foron reclamados pola colectividade emigrantes de Buenos Aires; actuaron no Teatro
Avenida de Buenos Aires en 1929.
Castelao, que mantivo unha relación de amizade baseada na admiración que lle espertaran aqueles gaiteiros. Escribíu unha sentida louvanza no xornal “Galicia” no ano 1924, ilustrada cunha caricatura que lle fixera a Avelino Será a que ilustre a nova lápida cun epitafio en galego substituíndo á actual en castelán: “Aqui repousa Avelino Cachafeiro, o universal “gaiteiro de Soutelo. 1899-1972”, que inclúe un verso do seu poemario: “Coa miña gaitiña ao lombo, de Soutelo rompín a voar”.
A Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística, que é a promotora deste singular acto de restauración da memoria lingúística, coas colaboracións da Xunta de Galicia, Concello de Forcarei, herdeiros do gaiteiro e moitas agrupacións de música tradicional, queren renderlle xustiza ao inesquecible instrumentista que sempre falou galego porque tamén pensaba en galego.
Agardamos que a celebración dese acto reúna aos xenuinos protagonistas da pervivencia da nosa lingua a través dos cantos populares, as agrupacións musicais folclóricas. Porque grazas a elas Galicia segue a ter lingua e cultura de seu. Esta é a filosofía que desde hai anos mantén a AFNLG. Por este motivo daremos a coñecer unha

    Declaración que recolla catro reivindiacións fundamentais: 1.- Que os concellos galegos inclúan nas programacións festivas a participación de máis grupos de música tradicional, dándolles así maior visibilidade e a oportunidade de seguiren transmitindo a lingua galega a través do cancioneiro popular; 2.-O mesmo chamamento serve para as comisións de festas parroquiais, que non sempre atinan na organizan das mesmas. Porque cando
    inclúen algún grupo de música tradicional o tamaño tipográfico do seu nome infravalórano reducíndoo á décima parte do empregado para anunciar a actuación de coñecidas orquestras; 4º.- Animar a todos os grupos de música tradicional galega a celebraren actos que honren aos seus predecesores xa falecidos mudando as lápidas en castelán por outras en galego, personalizando a perpetuidade a súa contribución á transmisión oral do noso idioma; e, 5) Solicitar para a música galega en todas súas modalidades a declaración de patrimonio cultural da humanidade.
    Mil festas máis para a lingua galega e outros tantos actos de restauración da memoria lingüística dos que sempre falaron galego en vida.
    *Presidente do Foro E. Peinador.

    Outros artigos

    “O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

    Un gobernante é un servidor público e como tal se merece o respecto necesario, con independencia do partido ao que pertenza ou teña a ideoloxía que teña. O que non pode ser é que o alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, con máis de tres décadas no cargo como...

    +

    “Benvidos campións” – Antón Luaces

    Chegaron ao aeroporto Adolfo Suárez de Madrid-Barajas. Era primeira hora da tarde do luns. Visitaron aos Reis de España no palacio da Zarzuela e  ao presidente do Goberno na Moncloa. A continuación, nun autobús descuberto, fixeron unha ruada por Madrid que rematou en...

    +

    “España, dos estrellas. Alberto Barciela

    ESPAÑA, DOS ESTRELLAS Este país es imposible inventarlo. Ni Azcona con sus guiones, ni Berlanga con sus corrosivas estampas de lo cotidiano, ni Picasso con sus trazos fragmentados, ni Dalí con sus deformados dibujos, ni Valle con sus esperpentos, ni Carandell con sus...

    +

    Publicidade

    Revista en papel

    Opinión

    “La estrella y el Mundial”. José Antonio Constenla

    “La estrella y el Mundial”. José Antonio Constenla

    Ha terminado el Mundial y uno tiene la sensación de haber asistido a uncampeonato extraordinario pese a quienes lo organizaban. Porque, mientrasmillones de personas seguían con pasión cada partido, la maquinaria del fútbolmundial parecía empeñada en recordarnos que el...

    “O pano negro” – Lois Alcayde Dans

    “O pano negro” – Lois Alcayde Dans

    Supoño que, como lle ocorre a moita xente, cando abro o meu álbum familiar máis vello, as fotos en branco e negro teñen de paisaxe tanto o campo como a cidade. Ambos aparecen coa normalidade do mesmo paso do tempo. Nas imaxes, o escenario de fondo faise difícil de...

    O Barbanza
    Resumo de privacidade

    Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.