As descargas de bocareu nos peiraos do Son acadaron o 70% das 488 toneladas comercializadas nas lonxas galegas

06 Marzo 2025

Os recintos portuarios de Porto do Son e Portosín achegaron este ano ás lonxas galegas o 70% das 488 toneladas de bocareu (bocarte) comercializadas. Así o fixo saber este xoves 6 de marzo o conselleiro do Mar, Alfonso Villares, que asistiu aos traballos de descarga deste produto pesqueiro nos portos sonenses, produto do que só nesta semana foron comercializadas 240 toneladas procedentes do dito municipio. Trátase, dixo o conselleiro, que foi recibido polo alcalde Luis Oujo, “dun excelente comportamento nas capturas nun momento do ano atípico que atrasou a saída da frota galega ao Cantábrico de cara ao inicio da campaña prevista para o vindeiro 10 de marzo na zona 8 do CIEM na que España ten asignadas para este ano 27.527 toneladas desta especie”. Trátase, engadiu, “dunha pesqueira que está pendente da publicación por parte da Secretaría Xeral de Pesca (SXP), dependente do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, da publicación da Resolución que estableza o modelo de xestión para o 2025”.

Villares informou que esta mesma mañá celebrouse un encontro co sector para estudar o borrador de Resolución remitido pola SXP e establecer unha posición conxunta de Galicia. O documento, sinalou, “mantén os criterios de reparto establecidos no 2024 con cotas de quilogramos por buque e día diferenciando as embarcacións de máis de 120 GT ou de menos pero que conten con 12 ou máis tripulantes enrolados así como dados de alta na Seguridade Social do resto da frota, trátase polo tanto duns criterios que se sitúan na liña co defendido pola Xunta nas últimas semanas”.

O titular de Mar recordou as xestións realizadas polo Goberno galego, en consenso co propio sector, remitindo dúas cartas ao organismo estatal nas que se solicitaba “transparencia” no deseño de calquera novo modelo de xestión desta pesqueira así como que calquera cambio sexa supeditado ao acordo coa propia frota. Tamén recordou que a frota do cerco que opera nesta área, que abrangue desde Fisterra ata a fronteira con Francia, alcanza os 218 buques dos cales 130 son galegos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Non á guerra!” – José Manuel Pena

“Non á guerra!” – José Manuel Pena

Non á guerra, debe ser algo máis que un slogan ou unha apostila electoral. Os gobernantes, responsables políticos, institucións e organismos internacionais así como a propia cidadanía temos que ser conscientes de que queremos un mundo en paz, libre de guerras e con...

“La idea de D Trump sobre Irak” – Manuel Domínguez

“La idea de D Trump sobre Irak” – Manuel Domínguez

Para no alargar mucho la guerra, que no suceda lo de Putin con Ucrania, está pensando en trocear el país, deshacerlo como estado y crear 10 mini estados, así está armando a los kurdos para combatir y generar una guerra civil. Una guerra civil en la que participarán...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.