Anxo Carracedo presentou os achados do Proxecto Xenoma ante a veciñanza de Outes

28 Marzo 2025

Este xoves 27 de marzo celebrouse unha nova sesión divulgativa encadrada nas XIX Xornadas de Información Sociosanitaria de Outes: a conferencia Proxecto Xenoma, que foi impartida polo doutor e investigador Anxo Carracedo Álvarez (USC), director da Fundación de Medicina Xenómica (SERGAS) e do grupo de Medicina Xenómica (USC). A conferencia desenvolveuse no salón de actos da Casa da Cultura da Serra de Outes, baixo unha asistencia de mais de 150 persoas.

O relator puxo o foco no Proxecto Xenoma, posto en marcha polo Goberno galego para, entre outras cousas, recompilar o ADN de 400.000 galegos e identificar variantes xenéticas de alto risco. Inclúe a detección do risco de padecer cancro de mama e ovario hereditario, así como Síndrome de Lynch, asociada, entre outros, ao cancro de colon.

A coordinación correu a cargo do Dr. Xosé Mª Dios Diz, médico especialista de Atención Primaria de Outes. Ao final do acto, o relator foi agasallado cunha figura de artesanía feita polos usuarios da asociación inclusiva ADISBISMUR Valadares (Outes).

A vindeira conferencia vai ser o 10 de abril de 2025 coa sesión divulgativa Enfermidades abdominais impartida polo doutor Manuel Barreiro de Acosta, Unidade Enfermidade Inflamatoria Intestinal do CHUS; dentro das XIX Xornadas de Información Sociosanitaria de Outes.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.