Ábrese o prazo para a concesión da cafetería do Centro Social de Carreira

27 Marzo 2025

O Concello de Ribeira anunciou a apertura do prazo para a presentación de ofertas de licitación coa finalidade de outorgar a concesión demanial para a explotación da bar-cafetería do Centro Social de Carreira. O prazo permanecerá aberto ata o vindeiro 28 de abril.

A concesión terá unha duración de dez anos, período no que se considera amortizado o investimento realizado. O canon mínimo anual establecido é de 3.600 euros, IVE incluído, cun período de carencia durante os dous primeiros anos. O procedemento de licitación será aberto, e os licitadores poderán mellorar a oferta mínima á alza.

Dúas modalidades de presentación

As ofertas poderán presentarse de dúas formas:

  1. Electrónicamente, a través da plataforma SILEX (https://www.conselleriadefacenda.es/silex), dentro do prazo de 30 días naturais desde a publicación da licitación no Perfil do Contratante-Plataforma de Contratación do Sector Público. A presentación electrónica implica o envío da documentación en arquivos ou sobres virtuais durante as 24 horas do día. Se o último día de prazo é inhábil, prorrogarase ata o seguinte día hábil.
  2. En papel, a través do Rexistro Xeral do Concello de Ribeira, dentro do mesmo prazo de 30 días naturais desde a publicación no Perfil do Contratante-Plataforma de Contratos Públicos de Galicia. Se a oferta se envía por correo, deberá acreditarse a data de imposición do envío na oficina de correos e notificarse ao órgano de contratación por correo electrónico (contratacion@ribeira.gal). En caso de non cumprir ambos os requisitos, a proposta non será admitida se chega fóra de prazo. Ademais, transcorridos tres días naturais desde o remate do prazo, non se aceptará ningunha proposición enviada por correo.

Características da concesión

A superficie destinada a café-bar é de 61,81 m² útiles, incluíndo cafetería, barra, cociña e almacén. As instalacións carecen de mobiliario, polo que a empresa adxudicataria deberá dotar o espazo do equipamento necesario para a súa actividade.

Declaracións do alcalde

O alcalde de Ribeira, Luís Pérez, destacou que esta medida busca dinamizar o Centro Social de Carreira e convertelo nun punto de encontro para a veciñanza. “Sabemos da importancia deste local como lugar de reunión e dinamización social, polo que esperamos que a licitación esperte interese e poidamos contar cunha xestión que beneficie a toda a veciñanza”, afirmou.

Ademais, animou a todas as persoas interesadas a consultar os pregos da licitación e participar no proceso. “A apertura deste servizo será un paso positivo para toda a parroquia”, concluíu.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.