A USC organiza en Muros un obradoiro de poda e dous cursos sobre alimentación sustentábel e alfabetización audiovisual

26 Marzo 2025

Novamente o Concello de Muros e a Universidade de Santiago poñen en marcha unha nova edición das xornadas gratuítas Camiños de Coñecemento e Experiencia, encadradas no programa do IV Ciclo da USC e orientadas a formar en diversas materias históricas, culturais ou ambientais ás persoas dos concellos de máis de 50 anos. As charlas desenvolveranse en horario de tarde (de 16.30 a 19.30 horas) do 14 a o 22 de abril. A axenda inclúe un obradoiro sobre poda de árbores froiteiras, forestais e ornamentais (o día 14 de abril), e relatorios centrados no Despilfarro alimentario e a pegada ambiental dos alimentos e a Alfabetización audiovisual e a expresión fílmica.

“Trátase dunha formación para persoas maiores de 50 anos, cunha temática moi variada e amena, combinando as sesións teóricas con visitas e obradoiros prácticos”, explica a concelleira de Ensino de Muros, Laura Rivadeneira.

Pola súa banda, a alcaldesa María Lago sinalou que estamos ante “unha iniciativa que ten moi boa acollida e aconsellamos, unha oportunidade para formarse e compartir bos momentos”.

Achéganse 50 prazos. A inscrición cómpre facela na Oficinas de Servizos Sociais (rúa Rosalía de Castro s/n, teléfono: 981 762 465).

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.