A USC formará aos maiores da Pobra en historia da fotografía, especies arbóreas e libros históricos galegos

11 Marzo 2025

A poboación maior de 50 anos da Pobra do Caramiñal terá ocasión de se formar cunha nova edición do programa de democratización do coñecemento da Universidade de Santiago de Compostela (USC) Camiños de Coñecemento e Experiencia, que impulsa as disciplinas científicas, humanísticas e artísticas. Esta oitava convocatoria porá o foco na historia da fitografía, nas especies arbóreas con meirande presenza na comarca do Barbanza e nos libros e bibliotecas da nosa terra nos séculos XVI e XIX.

Camiños de coñecemento e experiencia 2025

1º Seminario :Historia da fotografía: unha viaxe desde a cámara escura ata a era dixital.

– Coñecer os antecedentes ideolóxicos e químicos que propiciaron a aparición da disciplina fotografía, así como as principais figuras que contribuíron á obtención de imaxes “fixas” captadas a través da cámara escura. – Estudar a evolución da fotografía a través de diferentes técnicas e procedementos fotográfica; así como os xéneros, principais movementos e autores destacados. – Identificar e analizar os elementos que compoñen unha imaxe fotográfica. – Comprender e aplicar os elementos básicos da toma fotográfica. – Elaborar un proxecto fotográfico persoal aplicando os contidos tratados na clase.

2º Seminario: Especies arbóreas na terra do Barbanza.

Coñecer e identificar as diferentes especies arbóreas que se atopan na zona do Barbanza. Explicación da clasificación das especies. Diferenzas entre as árbores: forma das follas, forma dos froitos, posición das follas, tamaño e cor dos troncos. Uso das árbores. Explotacións forestais.

3º Seminario: Libros e bibliotecas da Galiza dos séculos XVI a XIX.

As bibliotecas no S. XVI e XIX. Os libros e a súa importancia. Arquivos en Galicia

Información e inscricións: casa da cultura Raquel Fernández Soler.

As clases impartiranse no auditorio da biblioteca municipal Victoriano García Martí.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.