A Casa Forestal de Baroña acolle unha xornada sobre madeira organizada polo Laboratorio Ecosocial do Barbana

21 Marzo 2025

O vindeiro sábado 29 de marzo, a Casa Forestal de Baroña, en Porto do Son, acollerá unha xornada arredor do mundo da madeira, organizada pola Plataforma pola Defensa do Monte dentro do proxecto Laboratorio Ecosocial do Barbanza, contando coa colaboración da Comunidade de Montes de Baroña. O encontro incluirá demostracións de maquinaria forestal, un faladoiro con profesionais do sector, exposición de artesanía e unha zona gastronómica. A programación permitirá ao público achegarse ao mundo da madeira, coñecer os seus procesos e comprender a importancia dun aproveitamento forestal que dea resposta ás necesidades de artesáns e profesionais vinculados ao sector. Dende o Laboratorio explican que un dos “pratos fortes” do evento será a participación da empresa Timber Tools, distribuidora oficial de Logosol, que se desprazará desde Valencia para ofrecer unha exhibición de maquinaria forestal, presentar as últimas novidades en serradoiros portátiles e ofrecer asesoramento técnico especializado, así como descontos exclusivos durante o evento.

Xornada de Transformación da Madeira en Baroña

Sábado 29 de marzo

Casa Forestal de Baroña, Porto do Son: Vilar, 35, 15979 Porto do Son, A Coruña

Axenda

10:00 a 12:00 h     Primeiro pase: Demostración do uso de serradoiros portátiles

Coordinada por Timber Tools, distribuidora oficial de Logosol.

12:00 a 13:30 h     Faladoiro con profesionais do sector da madeira Do monte á industria

Moderada por Ovidio Queiruga, presidente da CMVMC de Baroña.

Con intervencións de:

Francisco M. Romero González (Maderas Romero Cambeiro, S.L.)

Rodrigo Mosquera (TresOficios)

José Manuel Silva Ferreira (Silva Forestal)

Ramón Collazo Mosquera (Estaleiro Catoira de Rianxo)

16:00 a 18:30 h     Segundo pase: Demostración do uso de serradoiros portátiles

Coordinada por Timber Tools, distribuidora oficial de Logosol.

O Laboratorio está financiado con fondos europeos grazas ao apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO), no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU. A coordinación do proxecto do Laboratorio está a cargo da Fundación RIA.

Para calquera dúbida ou material adicional podemos contactar co Laboratorio Ecosocial do Barbanza a través de info@barbanzaecosocial.org.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.