“Xesús Mato, un ano despois”. Xulio Xiz

18 Febreiro 2025

Pasou un ano, Xesús, desde que nos deixaches, aínda que xa
sei que por onde andas rexen outros calendarios e reloxios. E se
por aquí andiveches toda a vida metido en asuntos especiais que
só ti podías solucionar, a saber que asuntos che enchen agora a
alma, na que estamos seguros seguimos ocupando todos nós un
amoroso recanto.
O mundo de boxe non é globalmente mellor ca hai un ano, por
iso cada vez sabemos estimar máis os “Matos” que atopamos na
vida que, excepcionais, nos fan comprender que son, sodes,
exemplos a seguir, aínda que voades tan alto que só podemos
ademirarvos de lonxe.
Por fin estás no lugar que soñabas para este mundo, onde o
diñeiro non marca o ritmo vital, como ti soubeches sempre que tiña
que ser; onde conflúen todos os camiños, como nunha
inconmensurable Compostela; onde os desvalidos, os que menos
se valían de por sí, teñen espazo reservado á beira do Pai; onde a
música, máis ca unha arte, é soplo de vida.
Todos os que en vida te quixemos estamos aquí
representados: a familia, os compañeiros cregos, os veciños,
amigos, feligreses… os enfermos; os oíntes da radio, lectores de
prensa; os que escoitabamos a túa palabra, os necesitados do teu
consello, os cantores da túa música, os que comulgaban
contido…os que notamos a túa falta, que somos multitude.
Esta celebración de hoxe non é unha despedida, porque ti ben
sabías, ben sabes!, que ninguén morre de vez en tanto a súa
lembranza siga viva. E ti vivirás, alomenos, mentras que unha sóa
persoa das que te coñeceu teña un folgo de vida.
Sempre serás o crego que creou as misas pola radio para
“enfermos e impedidos”; sempre serás o crego que quixo atender
aos lucenses de máis lonxe; aos da alta montaña que fuches servir;
sempre serás o crego que creou Auxilia para facer visibles, hábiles
e útiles para a sociedade aos que a sociedade lles negaba un lugar
baixo o sol; sempre serás o crego que foi o primeiro -polo de agora,
o único – en conseguir a Medalla Castelao, por petición popular;
por máis de 2.500 peticións populares; sempre serás o crego que
da nome ao Centro Polufuncional de Paradela; sempre serás o

crego que creou “Fuxan os Ventos”, e o novo auditorio que leva ese
nome é unha permanente homenaxe á túa persoa… pero sobre
todo – Xesús Mato; Padre Mato da Radio Popular de Lugo –
sempre serás o crego que conquistou os nosos corazóns, e co que
sempre estaremos en amorosa débeda.
(Palabras de Xulio Xiz no Cabodano de Mato na igrexa de
Portomarín, o 15.02.2024

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

+

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.