Os bombeiros do parque Provincial de Boiro interviron a pasada madrugada no rescate dunha persoa maior maior que caera na súa vivenda sita na avenida de Barraña, no concello de Boiro.
O aviso do incidente recibírono ás 3:02 horas por parte do 112 Galicia, momento no que se achegaron ata a vivenda. Ao non recibir resposta da persoa que estaba no interior, acceden cunha escada manual articulada por un patio interior ata a terraza do segundo andar para así baixar ata o primeiro, que contaba cunha ventá cuberta por unha reixa metálica. Tras acceder a unha terraza cuberta e despois de romper parte das portas que dan acceso á cociña da vivenda da vítima, un home maior, logran entrar no piso e abrir a porta principal do mesmo. A vítima caera na súa habitación e non podía moverse pero estaba consciente e orientada.
Participaron persoal do 061 e tamén a Garda Civil.




