Peter Punk visita este xoves A Pobra para ofrecer un espectáculo no Elma: “Con lingua propia”

12 Febreiro 2025

Dende Cultura da Pobra informan dunha nova cita escénica este xoves 13 de febreiro: a actuación no Teatro Elma do clown Peter Punk, que trae á Pobra o seu espectáculo Con lingua propia. Será este xoves ás 11.00 horas e na función participa o alumnado de SaLustiano Rey Eiras-Bandaseca. A cita encádrase na mostra de teatro infantil organizada pola Área de Cultura da Pobra.

Con lingua propia é un espectáculo da compañía Peter Punk Pallaso pensado para ampliar a oferta de ocio en lingua galega dirixida a público infantil. Neste espectáculo Peter combina as máis variadas técnicas circenses cun humor adaptado á realidade e á lingua galegas. A través de xogos de palabras e concursos lingüísticos, tratará temas como os topónimos da nosa xeografía, as variedades dialectais, os trabalinguas, utensilios de cociña, ferramentas, animais, ou cantigas tradicionais. con todos os aparellos que vai sacando da súa maleta.

Organiza a Concellería de Cultura da Pobra do Caramiñal en colaboración coa Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.