“Os técnicos aeroespaciais minimizan a posibilidade de que un asteroide localizado en decembro poida colidir coa Terra”. Antón Luaces

25 Febreiro 2025

Para os máis obsesionados coa posibilidade de que o planeta Terra fose alcanzado na súa traxectoria por un asteroide, chega a tranquilidade pràcticamente absoluta de que tal colisión non se vai producir. Ao menos no que fai referencia ao asteroide 2024 YR4, descuberto o pasado mes de decembro. O impacto deste coa Terra ten, segundo as previsións da NASA e a Axencia Espacial Europea (ESA), escasa probabilidade de se producir.

A rocha espacial, dun diámetro de entre 40 e 90 metros, ten moi poucas posibilidades de colidir co noso planeta: os novos cálculos sobre o risco de impacto coa Terra minimizan os efectos da colisión (caso de que se producira) mentras que esta posibilidade é desbotada na escala de Turín. Para a NASA as posibilidades de colisión están nun 0,00005%, sendo as da ESA dun 0.002%.

Superados os medos iniciais, as citadas axencias conclúen que o impacto anunciado as pasadas semanas é “estremadamente improbable” que se produza e non  hai motivo de preocupación pública, o que non significa que deixen de monitorizar o asteroide tanto os telescopios terrestres coma os espaciais. A escala de Turín (ESA) que mantén en observación a todos os corpos celestes, sitúa a alerta en 0,  cando a estimaba en 3 sobre un máximo de 10 en principio.

O pasado 18 de febreiro, o Centro de Estudos de Obxectos Cercanos á Terra (CNEOS) da NASA determinaba unha posibilidade de colisión do 3,1%, o máis alto rexistrado nunca para un asteroide desde que se fan medicións. Ata o mes de abril os telescopios terrestres integrados na Rede Internacional de Advertencia de Asteroides continuará as observacións do asteroide 2024 YR4.

De se producir a anunciada -xa desbotada- colisión coa Terra, o asteroide poderìa provocar un desastre localizado no caso de colidir nun espazo poboado da Terra, chegando a destruir unha cidade. Tal caso, segundo os últimos cálculos, está lonxe de producirse. 

E na Terra, desexosos de que esto último se cumpra.

Outros artigos

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

+

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.