O PSOE da Coruña pide ao PP que non apoie a moción de censura de Outes e que aplique o Pacto Antitransfuguismo

13 Febreiro 2025

Continúa a crise política en Outes, logo de que o responsábel local dos socialistas, Tono Caamaño, decidise saírse do goberno tripartido e pre-acordase unha moción de censura conxunta co PP contra o actual executivo, formado por Compromiso por Outes e o BNG. Este 13 de febreiro, a dirección provincial do PSOE emitiu un comunicado no que insta ao Partido Popular a “cumprir co Pacto Antitransfuguismo asinado por ambas formacións e, polo tanto, a non executar a moción de censura nin a conformar goberno co edil tránsfuga en Outes”.

Os socialistas lembran que o Pacto Antitransfuguismo asinado polo PP recolle que as formacións asinantes comprométense “a impedir la utilización de tránsfugas para constituír, manter ou trocar as maiorías de goberno das institucións públicas, a non apoiar ningunha iniciativa que proveña dos mesmos e desincentivar o transfuguismo político a través da adopción de medidas disuasorias de carácter económico, regulamentario e protocolario”.

O secretario xeral do PSdeG provincial, Bernardo Fernández Piñeiro, manifestou que “queremos esixirlle ao Partido Popular, ao señor Rueda e ao señor Diego Calvo neste caso en concreto que apliquen ese pacto antitransfuguismo que teñen asinados os nosos dous partidos”, sinala o socialista, engadindo que este pacto define o transfuguismo como “unha forma de corrupción”.

“É o mellor momento para que amosen que son xente de palabra que cumpren con aquilo que está asinado pola organización á que representan e polo tanto non conformen goberno con este señor que, como digo, está expulsado do PSdeG e, polo tanto, é un tránsfuga”, apuntou, ao tempo que criticou que o PP asinase “unha moción de censura cun concelleiro tránsfuga”, amosando que “non ten escrúpulos con tal de chegar ao poder”.

Fernández lembrou que o concelleiro José Antonio Caamaño “adoptou esta decisión sen ningún tipo de consulta ao partido nin de aprobación, xa non só do partido en instancias superiores, senón da propia agrupación local”.

“Os veciños e veciñas de Outes decidiron que o Partido Popular non gobernase o Concello, posto que a suma dos partidos de esquerdas ten unha maioría ampla”, lembrou Fernández Piñeiro.

“Vamos a asistir agora, unha vez mais, ás incoherencias do PP, que dependendo do que lle interese di unha cousa ou a contraria”, lamentou o socialista. “Veremos se efectivamente cumpren con iso que teñen prometido, aínda que, desgrazadamente, non son moi optimistas ao respecto”, concluíu.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.