O proxecto europeo “De monte a monte” realiza o seu primeiro “bioblitz” en Lousame

27 Febreiro 2025

Este sábado 1 de marzo a parroquia de Vilacova (Lousame) convirterase nun laboratorio ao aire libre co proxecto Erasmus+ De monte a monte: territorios resilientes, unha iniciativa transfronteiriza que une comunidades galegas e portuguesas para “botar a andar formas de xestión do territorio máis resilientes fronte o cambio climático, incendios forestais e perda de biodiversidade”, segundo explican as entidades organizadoras desta xeira de traballo e divulgación.

A xornada desenvolverase na Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Vilacova, que a puxo en marcha como parte do seu traballo de restauración ambiental. Na parte da mañá, a vintena de participantes realizarán unha experiencia para a erradicación de acacia negra nunha zona do monte que ardeu nun incendio en 2020 e na que a comunidade está restaurando os hábitats naturais. Na parte da tarde, realizarase un bioblitz para o inventariado de avifauna, no que, a través dunha aplicación móbil específica, as persoas participantes aprenderán a identificar as distintas especies de aves presentes no territorio.

O proxecto, financiado pola Unión Europea, está co-organizado pola Fundación Montescola, Verdegaia e Veredas da Estrela, combinando xornadas práctico-teóricas, bioblitzs, formación forestal e visitas de intercambio en ambas beiras da raia galego-portuguesa.

A desta fin de semana é o primeiro dos seis bioblitzs que se organizarán en distintos espazos para o inventariado de biodiversidade, que continuarán até abril de 2026, de par de xornadas de formación e intercambios, para descubrir distintas técnicas e experiencias que fortalezan a resiliencia social e ambiental das comunidades rurais. As organizadoras explican que “o proxecto está aberto ao público en xeral e as participantes recibirán unha acreditación da formación recibida finalizado o mesmo”.

Para quen non o saiba, un bioblitz consiste nunha quedada ambiental na que as persoas congregadas teñen coma finalidade o rexistro de cantas especies vivas for posíbel identificar dentro dunha area previamente establecida.

O programa Eramus+

Erasmus+ é o programa europeo de educación, formación, xuventude e deporte para o período 2021-2027 e ten como obxectivo mellorar o desenvolvemento persoal e profesional de todos os cidadáns, reforzar a identidade europea, o crecemento sostíbel, a cohesión social e a empregabilidade das persoas.

Promove ademais o traballo de organizacións no ámbito de asociacións europeas ou internacionais cunha ampla gama de actores públicos e privados e fomenta o intercambio de coñecemento e a innovación nos ámbitos da educación, a formación, a xuventude e o deporte. O proxecto “De monte a monte: territorios resilientes” forma parte da Acción Chave 2 – Parcerías de pequena dimensión (KA-2).

Outros artigos

Poñendo en valor os nosos máis de 2.500 km de costa

A Xunta impulsa o Camiño do Litoral cunha ruta única de norte a sur Alfonso Rueda xunto a un dos sinais identificativos da ruta Galicia conta desde esta tempada estival cun novo proxecto que permitirá a veciños e visitantes desfrutar ao máximo da súa costa ao tempo...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

Sempre tiven curiosidade pola etimoloxía da nosa onomástica. Pero tamén polosalcumes, para coñecer as razóns que os motivaron. De aí que sexa un atento lector dostextos das esquelas que se publican nos xornais.O mes de agosto sempre foi un mes moi festeiro. Por estas...

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

El rey ausente. Los muertos son números que forman parte de una estadística. ¿Números? Si. Si muere en el exterior, es el número del pasaporte, si muere en el hospital en número de la seguridad social, si muere en casa el número del DNI. Los 100 muertos en el mar,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.