“O mar é o vertedoiro das empresas e as rías,o lavadoiro”. Antón Luaces

02 Febreiro 2025

O sector marisqueiro da RÍa de Arousa reclama da Xunta a aplicación dun plan que permita a urxente rexeración de especies coma o berberecho e a ameixa, que rexistran descensos que oscilan entre o 93% do berberecho e o 86% de ameixa fina e babosa. As perdas económicas estímanse en máis de 40 millóns de euros nos catro últimos anos.

É un feito: nós calamos, máis os de fóra fan que os problemas que aquí temos aboien nidiamente en relación co cambio climático, a contaminación descontrolada e a sobreexplotación pesqueira. É unha realidade da que se fai eco o xornal The Guardian salientando que os galegos nos negamos a  ver esa realidade ao poñer riba da mesa un financiamento que semellan querer ignorar: de non producir unha decidida  actuación tanto por parte do sector como pola das autoridades da Xunta, motivo polo que o colapso do marisco da comunidade galega pode ser unha especie de anuncio do ujw esgá ñor vir: un desastre non lonxano.

E non se trata dunha cuestión de mala sorte, senon a consecuencia directa dese cambio climático que moitos non aceptan e que, xunto coa contaminación descontrolada -tantas veces ignorada e comentada, á vez que a superexplotación pesqueira- da man do asimesmo descontrol das potencias dos motores dos barcos e o tipo de aparellos que estes utilizan, converten o mar nunha  verdadeira desfeita.   

Velaí as contas: a recolección de berberechos no ano 2023 baixou un 80% a respecto do ano 2022, e a ameixa -nalgunhas das súas variedades-  descendeu un 78%. A produción de mexillón está, no seu nivel máis baixo dos últimos 25 anos, pasando de 250.000 toneladas en 2021 a 188.000 en 2024.

E non se dan respostas a esta situación. Para maior INRI, a choiva torrencial rexistrada nas últimas semanas xunto cos temporaus de mar e vento que impediron faenar áa distintas frotas atoparon a “colaboración” das emoresas hidroeléctricas co baleirado dos encoros (especialmente o do río Tambre) provocando unha moi alta mortalidade de marisco de cuncha nos areais debido á baixa salinidade dos bancos de cría e engorde. Por esta circunstancia, os mariscadores recolleron 5.000 quilos de marisco morto que a preamar arrastrou en distintas praias, nomeadamenete da ría de Muros-Noia. Sin datos dados a coñecer pola confraría de pescadores de Noia que estima que o grao de mortalidade rolda o 26% de marisco sementado.

Outros artigos

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

+

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.