O Laboratorio Ecosocial do Barbanza organiza dúas sesións educativas en Rianxo sobre o papel das mulleres no sector primario

13 Febreiro 2025

O Laboratorio Ecosocial do Barbanza organiza dúas xornadas educativas que poñen en valor o papel das mulleres no sector primario, coordinadas pola Fundación Montescola. Celebraranse o vindeiro luns 17 de febreiro, en colaboración coas iniciativas Máis Ca Leña do CEP Xosé María Brea Segade e Monte Vivo do IES Félix Muriel, e están coordinadas como dixemos pola Fundación Montescola, entidade responsábel das accións de prospectiva comunitaria, voluntariado e educación ambiental do proxecto.

Esta actividade está financiada con fondos europeos, grazas ao apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.

As sesións estarán a cargo de María Ferreiro, gandeira de vacún de carne en Teixeiro-Curtis e
responsábel da Secretaría das Mulleres do Sindicato Labrego Galego, quen compartirá a súa
experiencia e abordará os desafíos e oportunidades do emprendemento feminino no medio rural e
agroforestal.

Estas accións educativas forman parte da liña de acción 4 do Laboratorio Ecosocial do Barbanza,
liderada por Montescola, que busca fortalecer o traballo en rede e dinamizar a conexión entre
iniciativas locais. O obxectivo é sensibilizar ao alumnado sobre a relevancia das mulleres na
construción dun sistema produtivo sostíbel e de proximidade, promovendo a reflexión sobre o
futuro do sector primario en Galicia.

Luns 17 de febreiro
Produción e consumo de proximidade da man das mulleres
Inicio ás 10:30 h en CEP Xosé Ma Brea Segade de Taragoña, Rianxo
As mulleres no emprendemento rural e agroforestal
Inicio ás 12:30 h en IES Félix Muriel, RianxoApoio

Outros artigos

Declarado un incendio nun inmoble da parroquia ribeirense de Olveira

Interveñen de urxencia nun incendio declarado nunha vivenda na parroquia de Olveira, en Ribeira Bombeiros Ribeira Un operativo conxunto de emerxencias mobilizouse na parroquia de Olveira, no termo municipal de Ribeira, tras declararse un incendio no interior dun...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La violencia no cabe en A Coruña”. José Castro López

“La violencia no cabe en A Coruña”. José Castro López

El poeta ourensano Alberto García Ferreiro, contemporáneo de Curros y Pondal, era unadmirador de A Coruña a la que dedicó el poema “Ben te vin” en el que resalta labelleza de la ciudad que pone a nivel del Paraíso celestial después de pedir a San Pedroque no escuche...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.