“O forno de leña”. Luís Celeiro

07 Febreiro 2025

Os daquela xeración que naceron antes dos anos sesenta do século pasado (moi lonxe e moi
cerca, ao mesmo tempo) lembran como se facía o pan de cada día nos fornos de leña. De
cada día ou de cada mes. Lembran o pan prestado polo veciño e saben que se devolvía ao
cocer, antes de que estivera balorento e non servira para comer. Son moitas as lembranzas
do pan do forno de leña, son algunhas das sinais de identidade da vida comunitaria nesta
Galicia do rural abandonada.
Abandonada, si señor! Só queda a lembranza, o recordo e a memoria enteira. Por pouco
tempo, por certo. A leña seca de carballo era a mellor, pero agora non a queren. Andan
buscando a calor baixo da terra ou apareando o aire para aerotermia, para quentar ou non,
conforme aos ditados da sustentabilidade.
O forno de leña era da época do arado romano, aquel arado arador, coas súa abeacas, coa
rella de ferro cravada, co seu temón e, na punta, a chavella; coa rabela agarrada e coa arada
grande para faenar, labrar e escoitar o canto do merlo e aquela pueril cantiga da navalla e o
aradiño de pau.
Do arado de pao ao tractor coa cabina preparada para escoitar ao mundo falar e para
comunicarse por tódolos medios, a través das redes sociais, da telemática e da Intelixencia
Artificial. Un tractor valente para arar, para carretar e pasear. O seu dono sentábase e
acomodábase naquela cabina acristalada, diante da xente que traballaba.
Os tempos pasados xa se foron e agora, que nos queda? A humanidade toda está aí. Aí
están os homes e mulleres, coas súas diferencias e as múltiples similitudes, coa súa
igualdade e a súa bonhomía. Non hai pan de forno de leña, non hai leña e nos fornos chove.
A leña non quenta, está na árbore sen cortar, medrando por medrar. Somos dependentes,
dí a Tía Manuela. Temos que abastecernos dos mercados internacionais, quentar a casa coa
calor que vén de fóra, comprar os tractores, as bicicleta e os coches que oferta o mercado,
de fóra.
Aquí queda e darémoslle cabida ao que nos traen de fóra. Poida que, se é necesario, veñan
cun pan cocido en forno de leña. Todos os humanos, os homes, as mulleres, os nenos, as
nenas, vellos e vellas, comerán pan centeo con sabor a pan da casa, con graxa da matanza
da casa e con viño das bodegas do Bierzo ou de calquera país.

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

+

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.