O Concello de Rois aproba os orzamentos máis elevados da súa historia: 5,4 millóns de euros

07 Febreiro 2025

O Concello de Rois aprobou no pleno extraordinario deste xoves os orzamentos para 2025, en palabras do Executivo “os máis elevados da historia do municipio, que ascenden a 5,4 millóns de euros”.

Na sesión aprobouse tamén o Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan Único de Concellos) POS+, que ascende a 937.000 euros, entre eles 429.000 para gasto corrente, 221.000 para obras e 327.000 euros para o plan complementario.

Os orzamentos do Concello para 2025 son os máis elevados que aprobou a Corporación de Rois, e nesta ocasión contaron cos votos a favor do equipo de goberno do PP (8), a abstención do PSdeG (2) e o voto en contra do BNG (1).

Rois terá este ano 5,43 millóns de euros de orzamento. A maior partida resérvase para pagar bens correntes e os servizos que se lle prestan á cidadanía. Respecto ao orzamento do ano pasado, este capítulo increméntase ata os 3,36 millóns debido, fundamentalmente, ao aumento do canon do servizo de recollida do lixo e á posta en funcionamento do Punto de Atención á Infancia (PAI) de Urdilde e do Centro de Atención Temperá. Os gastos de persoal ascenden a 1,23 millóns de euros.

O plan de investimentos para este ano conta con 525.679 euros. Aínda que están incluídas as partidas para o acondicionamento do local para o centro de atención temperá e as achegas para as obras do POS+, esta partida é inferior á do pasado exercicio porque en 2024 remataron as obras do PAI e da depuradora de Urdilde e o acondicionamento da piscina municipal de Senra.

No apartado de ingresos, a maior partida corresponde ás transferencias correntes que proceden doutras administracións, que supoñen 2,9 millóns de euros. Este capítulo increméntase respecto de 2024 debido á participación nos tributos do Estado e ás subvencións da Xunta para financiar o PAI de Urdilde e o Centro de Atención Temperá. Os impostos directos representarán 997.000 euros e os impostos indirectos, outros 620.000. As transferencias de capital suporán outros 337.000 euros de ingresos e as taxas, 574.000.

A preguntas do PSdeG, o rexedor Ramón Tojo explicou que o Concello vai acondicionar un baixo preto da Casa Consistorial para establecer alí o Centro de Atención Temperá, que atenderá a menores de 0 a 6 anos dos municipios de Rois, Padrón, Dodro, Pontecesures e Valga que teñan trastorno do desenvolvemento ou que estean en risco de padecelos. Tojo engadiu que “os cinco concellos asinaron un convenio para poñer en marcha o centro, que xestionará Rois, e que contará cunha subvención da Xunta”.

Plan de Obras e Servizos

Na sesión aprobouse tamén o Plan de Obras e Servizos (POS+) da Deputación da Coruña, que ascende a 978.273 euros contando as obras do plan complementario.

O Concello de Rois reserva 429.878 euros para gastos correntes e 221.179 para a execución de tres proxectos de obras. En concreto, o afirmado e o acondicionamento dos viarios que van dende a DP-7401 ata a igrexa de Herbogo; dende a pista do límite municipal con Brión a Francelos; e dende Cernán ata Vilariño.

Dentro do Plan complementario deste ano 2025, Rois inclúe outros tres proxectos de obras por un importe total de 327.216 euros. Nestas obras figuran o acondicionamento e a humanización da praza de Oín e a súa contorna, e os afirmados e acondicionamentos da pista que vai da DP-7402 ata Albagueira e de varias estradas en Oín.

Este punto foi aprobado cos votos a favor de PP e de BNG e coa abstención do PSdeG.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.