O Concello de Boiro ofrece charlas e cursos formativos sobre diversidades familiares e sexuais e prevención do suicidio

13 Febreiro 2025

O Concello de Boiro, a través da área de Política Social, promove unha serie de actividades formativas e charlas que se van desenvolver durante os vindeiros meses. As prazas para participar serán limitadas, polo que se require inscrición previa.

A primeira das actividades divulgativas que se vai organizar será sobre Diversidade familiar e familias monomarentais e estará impartida por FAGAMOS, a Asociación de Familias Monomarentais de Galicia. Esta actividade terá lugar o vindeiro xoves 20 de febreiro ás 18.00 horas no Centro Social de Boiro.

As actividades tamén inclúen formacións. A primeira delas será sobre Intervención en risco de suicidio, estará impartida pola Asociación Pro Saúde Mental e será o xoves 27 de febreiro de 10.00 a 13.00 horas no Centro Social de Boiro.

A segunda das formacións será sobre Conceptos básicos sobre identidades de xénero e orientación sexuais, impartida por ARELAS, Asociación de Familias Menores e Trans, e terá lugar o 10 de marzo de 10.00 a 13.00 horas no Centro Social de Boiro.

Para participar en calquera das formacións é necesario inscribirse previamente no CIM de Boiro mediante o enderezo electrónico cim@boiro.org ou o teléfono 981 84 48 00 ext. 1285.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.