O Barbanza xa conta cun equipo de remo inclusivo grazas ao Club de Remo Cabo de Cruz, Amicos e JEALSA

28 Febreiro 2025
O equipo de remo inclusivo con Margarita Hermo, de JEALSA

A sede do Club de Remo Cabo da Cruz acolleu este venres, 28 de febreiro, a presentación do novo equipo inclusivo de remo da agrupación. O acto contou coa presenza do presidente do Club, Luís Piñeiro, e o seu director deportivo, Gustavo Vázquez, así como o director xeral de Amicos, Xoán España, e a directora de Relacións Institucionais de JEALSA, Margarita Hermo, entidade patrocinadora.

O equipo, formado por deportistas da agrupación e por varios/as integrantes da entidade boirense, convértese así no primeiro equipo inclusivo a nivel comarcal e un dos poucos que existen a nivel nacional na disciplina de remo.

A presentación comezou cunha presentación protagonizada pola mocidade de Amicos que pertence ao club. Carolina quixo “agradecer ao Club de Remo Cabo da Cruz por iniciarnos neste deporte; este club é moi importante para Cabo, pero tamén o é para Amicos”, ao que Macarena engadiu que “este domingo participamos no campionato galego e queremos convidar a todo o mundo a que veña a vernos”.

Pola súa banda, Miguel falou da súa experiencia “nestas semanas que levamos adestrando con Gustavo, que nos deu caña para o campionato, e estanos gustando moito”.

O presidente do Club de Remo Cabo da Cruz, Luís Piñeiro, sinalou que “estamos moi contentos con esta iniciativa inclusiva. A idea partiu de Gustavo, o noso director deportivo, que quixo dar outro pasiño máis na forza social deste Club de Remo. Estamos nun bo momento, e a medida que medramos hai que ir buscando outras vías para fomentar o deporte e chegar a distintos colectivos, e paga a pena xa só escoitando como falan eles e o contentos que están”.

Margarita Hermo destacou que “dende JEALSA, e do noso programa de RSC We Sea, estamos moi contentos que isto se poña en marcha. Apoiamos a ambas entidades, e que se unan nun proxecto tan bonito como é levar o remo e o Campionato Galego a unha tripulación de persoas con discapacidade é moi satisfactorio para todos”. Tamén incidiu en que “como ben indicou Piñeiro, o deporte axuda a medrar como persoas, e como di o lema de Amicos, aquí somos persoas que apoiamos a persoas, así que dende JEALSA só resta dar os parabéns ao Club de Remo por ser pioneiros con esta iniciativa, e sobre todo aos remeiros e remeiras de Amicos, que estamos seguros que o domingo van desempeñar un papel moi importante. Animamos a todos a que se acheguen o domingo ao Pavillón da Cachada a animar neste campionato galego que traerá a moitísimos deportistas a Boiro, a máis de mil, que participan neste deporte que, aínda que é minoritario, cada vez practican máis persoas”.

Pola súa banda, durante a presentación, Xoán España reiterou o agradecemento de Amicos “ao Club de Remo Cabo da Cruz por acollernos na súa casa e abrirnos as portas. Isto é sinal de que entre todos construímos unha sociedade diferente e que pensa en todos e todas e, por conseguinte, lles da oportunidades a participar. Esta práctica non só é excelente, tamén é digna de admiración porque xurdiu de club. Isto é unha mostra de como a base da sociedade quere facer cousas e estimula iniciativas inclusivas. Tamén quero agradecer a JEALSA a súa vontade, porque cando llo comentamos xa foi un si inmediato. Isto é mostra de que as cousas van cambiando e imos facendo as cousas mellor”. O director xeral rematou afirmando que “para Amicos significa moito este xesto, o que representamos coa restauración de dúas gorgonias apadriñadas por JEALSA e o Club de Remo, como mostra de que o compromiso coa diversidade vai calando. Grazas ao club por seguir sendo exemplo da incorporación de distintos colectivos neste deporte”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

El Papa León XIV, presidente de la Ciudad del Vaticano. Solo datos, no opinion Nos habla con palabras de amor, de la dignidad, del derecho de los oprimidos, de atender y dar protección a quienes buscan un futuro en Europa que en sus países no tiene. El pontífice, que...

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

“El viejo cura de aldea” – Manuel Domínguez

El viejo cura de aldea. ¿Le conocí? Don Juan era un sacerdote muy apreciado por los niños, muchos se turnaban para ser monaguillos. Ciertamente alguna tarde solía repartir algún caramelo entre los niños buenos y los no buenos eran buenos, tal vez traviesos. El maestro...