Este domingo 16 de febreiro celébrase a 12ª edición da BTT e Andaina Concello de Rianxo

15 Febreiro 2025

O vindeiro 16 de febreiro vaise celebrar unha nova edición (a número 12) da BTT (bicicletas todo terreo) e Andaina Concello de Rianxo. Este venres o Salón de Plenos do Concello de Rianxo acolleu a presentación da proba, nunha cita cos medios na que participaron o alcalde Julián Bustelo, o presidente da Peña Cicloturista Castro Barbudo, Alfonso Cespón, e o concelleiro de Deportes, Julio Alcalde. Segundo fixeron saber, as probas contan cos diferentes modalidades adaptadas a todos os públicos e permiten que as e dos deportistas desfruten “duns fermosos percorridos polo noso municipio, así como polos termos municipais lindeiros de Rois, Lousame e Dodro”.

A XII BTT Concello de Rianxo vén con tres opcións de rutas: a ruta curta de 30 quilómetros, a ruta media de 50 e a ruta longa de 80.

Polo que se refire á andaina, vén cun único traxecto de 22 quilómetros.

As inscricións están abertas aínda na web Emesports.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.