“Estupidez ou sentido común”. Luís Celeiro

28 Febreiro 2025

A cobaia ou coello de indias é un dos animais máis frecuentes como mascota nos fogares
onde hai nenos. Comparte o leite dos meniños como se fose un irmán ou o cadelo da irmá
maior. Segundo datos da Asociación Nacional de Fabricantes de Alimentos para Animais de
Compañía (Anfaac), en España hai máis de trinta millóns de mascotas. A maioría delas son
cans, pero hai que mantelas, coidalas e quererlles a todas, para que todas teñan “asegurada
unha alimentación de calidade, con alimentos variados e apetecibles”, para que poidan
lograr unha vida longa e saudable.
Hai que quererlles ao can e ao gato, aos peixes de cores, aos canarios e aos loros, igual que
ás tartarugas, serpentes e lagartos verdosos. Hai que quererlles e aloumiñar aos furóns
cheirentos, anden por onde anden. Cada un destes animais forma parte dunha familia. O
can de Remedios era tan importante para ela como calquera dos xemelgos.
Era ela, Remedios, moi relixiosa e rezadora. A iso da media tarde saía da casa co carriño dos
meniños, cos nenos e con Fito, o can adoptado uns meses despois de naceren os seus fillos,
Roi e Campurro. No carriño ía un dos pícaros e o can ben tapado. O outro neno ía andando
agarrado ao fondo da súa saia de satén apertada e curta. Ían os catro dereitiños á
chocolatería da esquina, mesmo diante da porta da igrexa de don Xenaro.
Despois da merenda, os catro para a misa e a falar co crego do bautizo. Pretendía bautizar
aos tres na mesma cerimonia, coa mesma festa e os mesmos padriños. Don Xenaro non
quería. -Mire, dona Remedios, o can é un can e xa ten nome e chapa na orella, dixo o
párroco, e aos nenos bautizámolos canto antes mellor”.
Como se estivese enfadada, ao rematar a misa, Remedios saíu da igrexa cos dous nenos no
seu carriño e con Fito no colo. Parouse diante da comisaría, sentouse no banco de sempre e,
como sempre, púxoos a mamar nas súas tetas e, cando lle pareceu, deitou aos tres
apertados no carriño. “Son os tres irmáns, diga o cura o que queira. Ese Xenaro -prosigue a
nai no seu incomprensible soliloquio- quere romper a nosa familia. É un animal!”
Ao día seguinte xuntáronse na praza centos de persoas en “protesta fundada polo proceder
de don Xenaro”. A Tía Manuela non dá creto e insiste: “a estupidez debe ser incompatible co
sentido común”.

Outros artigos

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

+

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

+

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.