Corte de tráfico na rúa da Capela (Outes) por mor da prolongación dos traballos para humanizala

07 Febreiro 2025

O Concello de Outes informou este venres a primeira de hora do corte de tráfico que se vai manter na rúa da Capela por mor do inicio das obras destinadas a humanizar e poñer a punto a dita vía. Os traballos, segundo explicaron fontes do Consistorio, consistirán na ampliación de beirarrúas, a mellora da capa de rodaxe e a substitución das infraestruturas de saneamento, auga, electricidade e telecomunicacións. O proxecto conta cun orzamento de 76.000 € financiados a cargo do POS+2023 da Deputación da Coruña.

Por mor das obras, o tramo sinalado na fotografía quedará cortado ao tráfico ordinario mentres duren as mesmas.

As obras prolongan e complementan o proxecto de humanización iniciado nesta céntrica rúa, que dá acceso a servizos como o Centro de Saúde, creando e ampliando beirarrúas en ambas marxes, delimitadas con bordo de granito e con baldosa de formigón vibrado granallada, “ofrecendo un espazo máis amplo e seguro para a circulación peonil”, sinalou recentemente o Concello.

O proxecto inclúe tamén a renovación da capa de rodaxe da estrada, cunha superficie total de 150 metros cadrados, e dos aparcamentos, previa demolición do pavimento actual.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.