“Ao final quen paga?” – José Luis Calo

10 Febreiro 2025

A débeda pública está de moda estes días. Quen son os propietarios da débeda do Estado? Os estranxeiros teñen un 41% da
débeda, o BCE o 28%, os bancos o 13%, as aseguradoras o 7% e os fondos de investimento, os particulares e as administracións un 2%
cada un por separado. Ou sexa, a maioría “Hermanitos de la caridad”.

No terceiro Trimestre de 2024, a débeda pública de Galicia era de 12.154 millóns de euros. A controversia que temos estes días é: quita da débeda si, quita da débeda non. Temos que ter en conta que “para reducir o déficit fiscal utilízanse políticas monetarias, como a subida de impostos e a redución das pensións”. Está moi ben que as comunidades autónomas teñan menos endebedamento e que o Estado se faga cargo, pero, teriamos que facernos preguntas como, quen vai pagar esa quita de débeda? ou en que gasta parte do diñeiro o Goberno galego? Parte dese diñeiro vaise na “administración paralela” fundacións, consorcios, axencias, empresas e sociedades públicas. Esta é a sombra que rodea ao Partido Popular de Galicia (PPdeG) e no seu
momento ao Partido Socialista (PsdeG) e BNG cando gobernaron.

Cústanos millóns de euros ao ano ás arcas de todos os galegos. Xa en 2023 o Executivo autonómico achegou 1.361,8 millóns para financiar consorcios. Desde a Unión Europea, coas directivas de 2014, e o lexislador español, coa LCSP de 2017, tentáronse erradicar estas prácticas coa idea de evitar a desviación do diñeiro público, tratos de favor e calquera outro beneficio que se poida derivar do contrato público e que non atenda o obxecto e fins do mesmo. Aquí, o Consello de Contas critica que entes paralelos da Xunta Galicia fraccionan contratos para adxudicalos discrecionalmente. O ente
fiscalizador revela todo tipo de irregularidades, froito dunha mala planificación, nos procedementos de contratación de entidades como Turismo de Galicia, SOGAMA, IGAPE, ou Augas e Portos de Galicia, etc. O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, é “irresponsable” en crear débeda pública a base de “chiringuitos”. Malgastando o noso diñeiro para aumentar o seu poder e do partido.

Pódese perdoar esa débeda, pero non a calquera prezo, hai que reformar a Administración e recortar ese gasto político. O cidadán é o que sofre o machadazo fiscal, que nos está afundindo a todos. As políticas públicas e gastos sociais, como a educación, a sanidade ou a dependencia están en mans das súas señorías.

José Luis Calo é coordinador de UCIN Galicia.

Outros artigos

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

+

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De la mentira al insulto”. Xosé Perozo

“De la mentira al insulto”. Xosé Perozo

Días atrás Donald Trump prometió premiar a todos los estadounidenses adultos con 5.000 dólares si su partido triunfa en las elecciones legislativas. Una compra de votos a todas luces imposible de cumplir legal, administrativa y económicamente. Un fraude contra la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.