A Xunta acondiciona a lagoa de Vixán para mellorar o seu estado de conservación

09 Febreiro 2025

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático visitou esta mañá o Parque Natural para comprobar o resultado dos traballos de roza e limpeza executados

A Xunta de Galicia acometeu traballos de acondicionamento nunha superficie de aproximadamente 40.400 metros cadrados na lagoa de Vixán, situada no Complexo Dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán. O obxectivo desta intervención é facilitar o desaugado natural desta zona húmeda e garantir o seu bo estado ao longo de todo o ano.

Durante unha visita para supervisar os resultados dos traballos, a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, destacou que esta actuación se enmarca nas labores de mantemento e conservación que a Xunta realiza periodicamente nos parques naturais de Galicia. Ademais da intervención na lagoa, levouse a cabo a limpeza de 310 metros do rego de Vixán, un espazo onde tradicionalmente se recollía carrizo para alimentar o gando, pero que na actualidade carece desa utilización.

Vázquez subliñou que esta é a primeira vez que se realiza unha intervención deste tipo na zona e anunciou que, a partir de agora, repetirase anualmente para manter a lagoa limpa e libre de vexetación que dificulte o fluxo da auga. Estes traballos contribuirán a preservar os hábitats característicos da zona húmeda e a mellorar a conservación do parque natural.

Ademais, no marco das actuacións de mellora na contorna, a Xunta vén de renovar e reparar a balaustrada do aparcadoiro do parque natural, cun investimento de preto de 49.000 euros. Segundo a conselleira, estas intervencións son clave para a protección dos espazos naturais galegos e reforzan a imaxe de Galicia como un referente en materia de paisaxe e natureza.

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.