A Deputación crea o fondo de apoio a proxectos culturais singulares para a mellora social

17 Febreiro 2025

A área de Cultura da Deputación da Coruña vén de convocar a primeira edición do Fondo de proxectos singulares en lingua galega de especial interese cultural e orientados á mellora social. O prazo de presentación de propostas (a través da plataforma de tramitación electrónica da Deputación, SUBTEL) estará aberto entre o 21 de febreiro e o 21 de marzo.

O novo certame premiará iniciativas culturais que desenvolvan propostas en lingua galega de interese para eidos de acción social coma a igualdade, dereitos civís, respecto á diversidade, respecto medioambiental, medre da estima colectiva e cohesión social, integración social, memoria democrática ou sensibilización patrimonial e identidade local.

O fondo ten unha dotación de de 300.000 euros, repartidos en 20 premios polos seguintes importes máximos, que se reducirán se o importe do orzamento  do proxecto seleccionado é menor:

  • Para os cinco proxectos con maior puntuación, 5 premios por un importe máximo de 22.500 €
  • Para os cinco proxectos seguintes en puntuación, 5 premios por un importe máximo de 17.500 € .
  • Para os cinco proxectos seguintes, 5 premios por un importe máximo de 12.500 €.
  • Para os cinco seguintes, 5 premios por un importe máximo de 7.500 €.

“Na área de Cultura da Deputación da Coruña”, sinala a deputada de cultura, Natividade González, “apostamos por políticas públicas que poñan o foco na recuperación do sentido de identidade, de comunidade e de pertenza; en afianzar o vínculo social desde unha mirada democrática, inclusiva, diversa, acolledora e integradora”.

O novo fondo é, segundo González, “outra aposta do noso departamento por políticas públicas que apoien claramente a diversidade cultural e garantan o dereito á produción e ao acceso cultural no noso idioma, que se atopa nunha situación preocupante». “Non desenvolver políticas de apoio á lingua galega supón contribuír, por abandono de responsabilidade pública, á súa minoración social e á continuidade e agravamento da desigualdade hoxe existente”.

As bases do certame poden consultarse e descargarse no BOP do 14 de febreiro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.