“Xa se foron os Reis e quedaron os pastores e as ovellas: rematou o tempo de festa” – Antón Luaces

07 Xaneiro 2025

Todo recomeza. Todo entra na vía da normalidade: os cativos deixan de preguntar como é posible que alternen traballos de reparto de regalos os Reis Magos, Papá Noël e demais compaña á vez e nos distintos países do mundo. Volve a vida rutineira, a relembranza dos que xa non nos acompañan. 

Como diciamos días pasados, pasaron as festas da nostalxia, dos agasallos de aqueles que xa non poden escribir as cartas que os “paxes” reais se encargan de levar cabor Melchor, Gaspar e Baltasar na Galicia que aínda soña con tempos mellores que non veñen nen con recomendación.

Quedan os pastores e as súas ovellas alindando nas leiras de area e serraduras, de vacas e cans que sempre están agardando algo na carriza da beira do río de papel de prata. E quedan os camiñantes a un Belén ao que non dan chegado mentres o Neno sorrí anainado por María nun alpendre de palla dourada. 

Así, ata o Nadal de 2025 para entrar en 2026 con novos azos porque, no andar a pedir axuda ao máis aló, é sabido que o recurso aos Magos é o máis doado (que non o máis ao cabo das posibilidades),

Todo, polo tanto, recomeza: botaremos en falta canto, máis ou menos, quedou do Nadal, Aninovo e Reis de 2024-25, nunha repetición permanente do ser ou non ser porque a vida neste senso é unha insistencia constante na percura dunha verdade incuestionable que non se acada.

No horizonte esmorecen as figuras dos tres Magos que viñeron do Oriente e que, unha outra  vez, percorrerán os camiños seculares polos que viaxará a ilusión de seguir a ser nenos diante dun alpendre no que os maiores contaremos as mil historias de cada ano, de toda a vida.

Outros artigos

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

+

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.