Unha persoa perdeu a vida logo dun accidente entre dous coches en Vilagarcía de Arousa

04 Xaneiro 2025

Houbo dous feridos que tiveron que ser trasladados.

O suceso ocorreu minutos antes das 23:00 horas desta noite. Segundo os particulares que alertaron ao 112 Galicia, dous turismos sufriran un accidente na rúa dos Martices, cunha persoa que non reaccionaba logo do impacto.

Decontado, os xestores do 112 Galicia informaron ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Emerxencias Vilagarcía, á Garda Civil de Tráfico e á Policía Local.

O persoal sanitario que se desprazou ata a zona confirmou o falecemento da vítima, mentres que outras dúas persoas resultaron feridas, as cales tiveron que ser evacuadas ata o hospital de referencia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.