Rosalía e Pondal reviven este sábado en Rianxo da man de Isabel Risco e Fran Rei

23 Xaneiro 2025

Este sábado 25 a compañía Artefeito Producións recala en Rianxo para representar a súa función teatral Duo Vaguedades, protagonizada por Isabel Risco e Fran Rei interpretando a Rosalía de Castro e Eduardo Pondal nunha peza de teatro cómico para todos públicos. A cita será ás 20.30 horas no Centro Sociocultural do Auditorio Municipal de Rianxo (Sala Arcos Moldes). A entrada será de balde até completar capacidade e a retirada de convites deberá facerse na billeteira do Auditorio dende unha hora antes do comezo da función (máximo 2 por persoa). Duración: 60 min.

Trátase dunha proposta ao abeiro do programa Rede Cultural 2024 da Deputación da Coruña.

Sinopse de Dúo Vaguedades

Pouca xente sabe que Rosalía de Castro e Eduardo Pondal formaron un dúo musical, o Dúo Vaguedades, que acadou un gran éxito nas festas, foliadas e romarías do país. Até hoxe, non existían rexistros desta actividade, mais o achado dunhas gravacións e videoclips inéditos sacan por fin á luz este fito imprescindible da nosa cultura. Protagonizado por Isabel Risco e Fran Rei o espectáculo ofrece varios dos temas musicais da banda (cantados en rigoroso directo), mesturados con divertidos sketches e escenas cómicas sobre o noso xeito de ser, de falar e de relacionármonos entre nós mesmos/as e co resto da humanidade.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...