O PP de Ribeira reclama ao Concello a reparación das rúas deterioradas en Carreira

23 Xaneiro 2025

O PP de Ribeira, a través do concelleiro Víctor Reiriz Lampón, presentou un rogo para ser debatido en pleno relativo ao estado no que se atopa o firme nos rueiros da parroquia de Carreira, que, segundo advirten, precisan reparacións inmediatas en varios treitos da rede local de estradas.

O Partido Popular de Ribeira aproveitou a petición para criticar a xestión do actual equipo de Goberno: “Na pasada lexislatura cansámonos de escoitar unha e outra vez o discurso de quen agora ostentan o goberno de que serían os grandes defensores das parroquias, mais na actualidade temos que facernos eco do descontento xeneralizado ante a impasividade e o desleixo deste goberno tripartito neste caso concreto na parroquia de Carreira”.

Sinálase na petición que “logo de 20 meses de goberno comprobamos como os feitos quedan diluídos fronte ás palabras, e nesta ocasión querémonos centrar nas estradas que son de carácter municipal e que se atopan nun estado no que transitar por elas convértese en perigoso”. Máis polo miúdo, o PP solicita o arranxo dos seguintes treitos:

-Campos de Arriba no seu desvío á rúa de Laxes.

-Rúa de Laxes en dirección ao Lugar de Aldea, en Castiñeiras.

-Pista de aceso ao aparcadoiro traseiro do cemiterio de Carreira – Aguiño.

Outros artigos

O Concello de Ribeira licita o mobiliario do novo Consistorio

Logo de finalizar a rehabilitación integral da Casa Consistorial de Ribeira ao abeiro da convocatoria do ano 2022 do Programa de Impulso á Rehabilitación de Edificios Públicos (PIREP 1) dependente do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, o Concello...

+

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.