O Concello de Ribeira aproba por unanimidade o POS+ para o financiamento de gastos sociais

10 Xaneiro 2025

Este 10 de xaneiro celebrouse o primeiro pleno do ano 2025 da Corporación de Ribeira. Foi unha sesión extraordinaria na que se debateu para a súa posterior votación a participación no Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal (POS+ Adicional 1/2025) da Deputación da Coruña para o financiamento de gastos sociais extraordinarios.

Neste senso, o equipo do Concello explicou que conta cunha previsión de investir para o 2025 a contía de 1.349.600€. Desta cantidade disporase dunha achega de 883.000€ de fondos públicos e privados, unha estimación do gasto a financiar por parte do Concello de 466.600,00€, e a contía solicitada á Deputación no “POS+” acada os 134.012,37€ que se aprobaron no pleno extraordinario deste venres 10 de xaneiro.

O concelleiro de Servizos Sociais, Vicente Mariño, foi o encargado de presentar as actuacións que se farán cos fondos que subministra a institución provincial e iniciou a súa intervención falando de que “o valor da política é facer a vida máis doada á veciñanza comezando polos máis débiles. Ése debe ser o principal obxectivo dun político”. Mariño anunciou que está previsto poñer en funcionamento a vivenda de emerxencia temporal para persoas con carencias habitacionais que está localizada na parroquia de Carreira e levará como nome “A Garita”. Para esta actuación, o Goberno local conseguiu unha subvención de máis de 23.000€ para o mobiliario e ademais financiarase con fondos provinciais a contratación dunha educadora social a xornada completa para coidar das persoas vulnerábeis.

O tenente de alcalde informou tamén que haberá 21.600€ destinados para os Almorzos Solidarios, máis de 300.000 para o Servizo de Axuda no Fogar (SAF) e incrementarase as horas en dependencia para atender máis persoas que están en lista de espera. Neste senso apuntou que a peche de decembro do ano pasado, finalizouse cunha lista de espera de 64 persoas nos graos III, II e I. “O noso obxectivo e acadar a cobertura do 100% para os graos III e II seguindo o que marca o Programa de Atención de Recursos da Xunta de Galicia”, sinalou, engadindo que se ten previsto solicitar unhas 500 horas anuais a maiores: “Esperamos que dende a Consellería atendan á nosa solicitude”.

O Goberno local tamén anunciou unhas novas liñas de axudas para persoas con diversidade funcional e dependencia en adaptacións funcionais para os fogares; estas axudas consistirán en achegas directas para eliminar as barreiras arquitectónicas no fogar pero tamén servirán para axudar á compra de próteses auditivas ou dentais.

O alcalde, Luís Pérez Barral, destacou o esforzo económico que se fai dende o Concello de Ribeira para “garantir o benestar da poboación ribeirense, en especial da nosa xente maior, que tanto ten achegado e que merece todo ou noso apoio”. Engadiu que “esta axuda permitirá facilitar apoios de adaptación de fogares para contribuír a que as persoas maiores vivan máis tempo na súa casa ou contribuír a que as persoas en risco teñan un espazo temporal onde residir facendo que ninguén quede atrás”.

Pérez Barral expresou que “en base aos datos, demóstrase que deben seguir apostando por investir no coidado e atención das persoas” e agradeceu as achegas da Deputación como “colaboración necesaria para incrementar a capacidade de acción en prol de axudar ás persoas”. Finalmente procedeuse á votación do “POS+ Adicional 1/2025” sendo aprobado por unanimidade.

Outros artigos

A Volta de Gloria preséntase en FITUR

A Volta de Gloria, o primeiro itinerario cultural e paisaxístico circular baseado en dúas Rutas Xacobeas (o Camiño de Fisterra Muxía e o Camiño da Ría de Muros Noia), fixo a súa presentación este venres 24 de xaneiro oficial en FITUR, a feira turística estatal de...

+

Sábado 25, marcado por chuvascos, frío e neve en cotas altas

Tras o paso dunha fronte durante a madrugada, Galicia quedará este sábado baixo a influencia dunha masa de aire frío, que deixará ceos parcialmente cubertos e precipitacións intermitentes ao longo da xornada. Os chuvascos serán máis frecuentes durante a mañá, con...

+

Ambar anuncia as últimas prazas da Formación de Cociña e Pastelería

O 17 de febreiro comezará no Centro de Recursos da Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional a formación de Cociña e Pastelería dirixida a persoas con diversidade funcional.Os Requisitos para inscribirse son: Ter unha diversidade igual ou superior ó 33%....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

““Dictador perpetuo”. José Luis Calo Gonzalez

““Dictador perpetuo”. José Luis Calo Gonzalez

José Luis Calo González. Coordinador UCIN GaliciaQue é un real decreto “ómnibus” e cando recorren a el as administracións.Chámaselle así aos decretos lexislativos que agrupan diversas medidas oureformas de diferentes ámbitos, permitindo a súa aprobación conxunta,...