O Concello de Rianxo duplicou este curso o investimento en bolsas municipais para a adquisición de material escolar e dispositivos electrónicos. Así, a convocatoria correspondente ao curso 2024/2025 concedéronse axudas por un importe total de 10.507€, que é, segundo confirmou o Goberno local, máis do dobre que o importe correspondente ao curso 2022/2023, “o que se traduce nun aumento de máis do 50% das persoas beneficiarias”.
En palabras da concelleira de Política Social, Ana Vidal, “o noso compromiso coas familias e coa educación pública é firme”. A edil avanzou tamén que dende o Executivo vénse traballando tamén nunha nova liña de axudas para apoiar a actividade das ANPAs do municipio.
