O Concello de Outes logra un aforro enerxético de 140.000 euros anuais

17 Xaneiro 2025

O Concello de Outes fixo balance do aforro enerxético para as arcas municipais e para a cidadanía acadado nos últimos meses grazas á substitución en 2022 das luminarias do alumeado público por unhas novas de tecnoloxía LED e, tamén, pola licitación do servizo subministro eléctrico, por primeira vez, cun contrato que entrou en vigor en marzo de 2024.

“Grazas a isto conseguiuse un aforro económico que na actualidade ascende a 140.000 € anuais, pero que se agarda que sexa superior nos vindeiros meses”, informou o Concello, engadindo que o incremento de consumo en KWH que se aprecia a partir de xaneiro de 2023 “débese á posta en funcionamento da EDAR da Serra de Outes, que levaba varios anos sen funcionar”. O Goberno local sinalou tamén que ten previsto a instalación de placas fotovoltaicas que reducirán de xeito “moi sensíbel” o consumo enerxético da EDAR.

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.