Os concellos do Barbanza suspenden as actividades deportivas ao aire libre e prohiben o uso de todos os paseos de titularidade municipal

26 Xaneiro 2025

O Concello do Barbanza, ante a previsión meteorolóxica adversa para este domingo, con avisos para o litoral suroeste da provincia da Coruña de refachos de máis de 100 km/h entre as 15:00 e as 18:00 horas e chuvias de máis de 80 l/m2 nun período 12 horas entre as 6:00 e as 24:00 h, tomaron unha serie de decisións relevantes para protexer á poboación dos efectos da borrasca Herminia.

Na Pobra o Concello emitiu unha serie de disposicións concretas para minimizar a nivel local “o elevado risco de accidentes que poñan en perigo a integridade das persoas provocados por estas condicións meteorolóxicas. Deste xeito, o Goberno da Pobra tomou as seguintes medidas para garantir a seguridade:

1 Suspender todas as actividades deportivas ao aire libre, tanto de deporte federado como afeccionado, que poidan desenvolverse nas instalacións deportivas de titularidade municipal: pistas deportivas públicas, estadio da Alta, campo de fútbol de Cadreche ou calquera outra de índole semellante. Esta medida terá efecto dende as 12:00 do sábado ata as 24:00 horas do domingo 26 de xaneiro.

2 Prohibir o uso de todos os paseos de titularidade municipal: paseo da Illa, da Lombiña, da Alta, do Xobre, das Xunqueiras, dos Areos e outros de situación similar, con efectos dende as 14:00 ata as 19:00 horas do domingo 26 de xaneiro.

3 Prohibir o uso de todos os parques infantís de titularidade municipal con efectos dende as 14:00 ata as 19:00 horas do domingo 26 de xaneiro.

4 O incumprimento destas medidas por parte de calquera persoa será baixo a súa total responsabilidade e poderá ser sancionada pola Policía Local no exercicio das súas funcións.

En Muros, ante os avisos de nivel vermello da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) e a Dirección Xeral de Emerxencias da Xunta, que prevén chuvias moi intensas, ondas no mar de ata 10 metros e refachos de vento de ata 100 kms/h, o Concello suspendeu as actividades deportivas federadas ao aire libre e recomenda “moita precaución, evitando os desprazamentos innecesarios tanto a pé como por estrada”.

Semellantes disposicións foron tomadas polo Concello de Porto do Son, polo de Outes, polo de Noia, polo de Ribeira e polo de Boiro.

No caso de Rianxo, informouse de dende a primeira hora da mañá estarán pechadas todas as instalacións deportivas ao aire libre, suspendéndose toda a actividade prevista nelas, así como o paseo marítimo e zonas verdes próximas ao litoral. Ademais, `persoal do Servizo de Obras do Concello de Rianxo estará de garda toda a xornada para actuar ante calquera incidencia que se poida producir. Tamén estarán de garda voluntarios de Protección Civil Rianxo dende esta noite. Ante calquera problema recoméndase chamar ao 112, ao 981 86 06 25 ou ao 609 86 22 22.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.