O bus teatral do CDG achega saídas dende Rianxo e Ribeira para asistir en Santiago ao espectáculo inclusivo “Nada se sabe”

16 Xaneiro 2025

Os Concello de Rianxo e Ribeira participan no programa de mobilidade do Centro Dramático Galego para asistir en Santiago, no Salón Teatro da rúa Nova, á obra Nada se sabe, un espectáculo pioneiro arredor da inclusión.

A cita para a cidadanía de Rianxo será o 8 de febreiro e o prezo de cinco euros. A saída de autobús será ás 15.45 horas dende o Auditorio Municipal. As persoas interesadas en desprazarse até Compostela para asistir á función terán que formalizar a súa inscrición no 981 100 688 ou a través da conta de correo cultura@concelloderianxo.gal.

A cita para Ribeira será este 22 de xaneiro, mércores, con saída fixada ás 15.30 horas, sendo o custe de 5 € por persoa. As reservas deben facerse no teléfono 981835650 (de luns a venres de 9 a 14 h) ou na conta normalizacion@ribeira.gal.

Ensaio da obra de teatro nunha imaxe de Rocío Cibes

Nada se sabe constitúe a primeira obra de teatro inclusiva, impulsada polo Centro Dramático Galego xunto coa cooperativa Culturactiva. Conta coa presenza de catro intérpretes con discapacidade cuestionando sobre o escenario a inclusión e a xestión da diferencia que facemos como sociedade. Esta é a premisa da que parte Nada se sabe, unha coprodución teatral do Centro Dramático Galego e Culturactiva Producións, dirixida por Ignacio García e Fran Rei, con texto orixinal de Manuel Lourenzo.

Nas súas palabras, estamos ante “unha proposta integradora no contexto teatral galego, polo tema e o elenco, pola delicada selección musical, pola mestura de linguaxes e por estar formulada como un reto dirixido á audiencia, formulado como dúbida metódica que lle dá nome ao espectáculo”. A función conta con servizos de accesibilidade  de diferentes tipos: visita táctil previa á función, destinada a que as persoas invidentes fagan un percorrido polos elementos físico do espectáculo, isto é, escenografía, vestiario e elenco; un servizo de audiodescrición tamén para invidentes, e interpretación en Lingua de Signos durante a función.

Público de máis de 40 concellos
Coma en anteriores producións da compañía pública, con Nada se sabe estará operativa a campaña de mobilidade Sobes ao autobús do teatro?, que nestes momentos xa ten programados 23 buses gratuítos con parada en máis de 40 concellos galegos para facilitarlle o desprazamento a Santiago ao público de toda Galicia, incluído o desprazamento dende Barbanza.

Para estas representacións no Salón Teatro, habilitáronse diferentes sistemas de accesibilidade para o público, como interpretación en lingua de signos en todos os pases, programa de lectura fácil ou audiodescrición para os espectadores que a soliciten previamente no despacho de billetes e dispoñan de auriculares propios.

Así mesmo, unha hora antes das funcións dos sábados e domingos terá lugar unha visita táctil para aquelas persoas con discapacidade visual que desexen experimentar un percorrido polos elementos físicos do espectáculo, mentres que ao rematar o pase dos venres o público terá a oportunidade de participar nun coloquio co equipo.

Outros artigos

Sábado 8, unha borrasca traerá máis nubes e orballo a Galicia

Galicia quedará este sábado baixo a influencia dunha borrasca situada ao oeste, que achegará unha fronte cálida ao longo do día. A xornada comezará con intervalos de nubes e claros, pero as nubes irán en aumento, podendo deixar algúns orballos na fachada atlántica. As...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O forno de leña”. Luís Celeiro

“O forno de leña”. Luís Celeiro

Os daquela xeración que naceron antes dos anos sesenta do século pasado (moi lonxe e moicerca, ao mesmo tempo) lembran como se facía o pan de cada día nos fornos de leña. Decada día ou de cada mes. Lembran o pan prestado polo veciño e saben que se devolvía aococer,...