O 23 de febreiro celébrase en Muros o Campionato de Galicia de BTT

19 Xaneiro 2025

As inmediacións do campo de fútbol Agra da Filgueira de Louro serán o escenario o próximo 23 de febreiro do Campionato de Galicia de BTT (3 horas de resistencia), organizado polo Club Ciclista de Muros coa colaboración do Concello de Muros.

Haberá probas desde Cadete a Master 60 en categorías feminina e masculina. Inscricións abertas en www.fgalegaciclismo.es

“É un orgullo para Muros acoller esta proba, que é o resultado de gran traballo que fai desde hai anos o Club Ciclista de Muros”, sinalou o concelleiro de Deportes, Damián Torea, que aproveitou na presentación da proba para convidar á veciñanza “a asistir ao campionato para ver a espectacularidade da BTT”.

Pola súa banda, a alcaldesa de Muros, María Lago, destacou a importancia “de colaborar desde o concello cun deporte en auxe e cunha proba que fomenta o deporte feminino, contribuíndo ademais a dar a coñecer a contorna natural de Louro”. A rexedora confirmou que terán un papel importante para a realización da proba a Brigada de Obras do Concello de Muros, Protección Civil de Muros, Policía Local, GES e Garda Civil de Muros.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...