Noia Histórica comparte os números premiados cos dispositivos iPhone 15 da súa Campaña de Nadal

10 Xaneiro 2025

A patronal noiesa, Noia Histórica, celebrou o Nadal coa campaña Noia preto de ti, desenvolvida entre o 13 de decembro e o domingo 5 de xaneiro. Un dos puntos fortes da campaña foi sen dúbida o sorteo de catro dispositivos móbiles iPhone 15, un importante agasallo acordado polos propios comerciantes e que está valorado en 900 euros por unidade. Estea semana post-Nadal a patronal compartiu nas redes a listaxe de números premiados, co fin de facilitar que sexan revisados pola veciñanza que apostou nesta festas polas compras de proximidade e nos establecementos asociados. Trátase do 15.210 (Pisa Morena), o 8.533 (Laser Estudio Fotográfico), 20.252 (Centro Estética Ana Ces) e 17.049 (Tipitos Moda Infantil). As persoas que posúan algúns destes números deberan poñerse en contacto con Noia Histórica a través do 981 824 764 ou por WhatsApp 629648886.

A campaña estivo patrocinada polo Concello de Noia, Xunta de Galicia e Deputación de Coruña.

Outros artigos

A Volta de Gloria preséntase en FITUR

A Volta de Gloria, o primeiro itinerario cultural e paisaxístico circular baseado en dúas Rutas Xacobeas (o Camiño de Fisterra Muxía e o Camiño da Ría de Muros Noia), fixo a súa presentación este venres 24 de xaneiro oficial en FITUR, a feira turística estatal de...

+

Sábado 25, marcado por chuvascos, frío e neve en cotas altas

Tras o paso dunha fronte durante a madrugada, Galicia quedará este sábado baixo a influencia dunha masa de aire frío, que deixará ceos parcialmente cubertos e precipitacións intermitentes ao longo da xornada. Os chuvascos serán máis frecuentes durante a mañá, con...

+

Ambar anuncia as últimas prazas da Formación de Cociña e Pastelería

O 17 de febreiro comezará no Centro de Recursos da Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional a formación de Cociña e Pastelería dirixida a persoas con diversidade funcional.Os Requisitos para inscribirse son: Ter unha diversidade igual ou superior ó 33%....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

““Dictador perpetuo”. José Luis Calo Gonzalez

““Dictador perpetuo”. José Luis Calo Gonzalez

José Luis Calo González. Coordinador UCIN GaliciaQue é un real decreto “ómnibus” e cando recorren a el as administracións.Chámaselle así aos decretos lexislativos que agrupan diversas medidas oureformas de diferentes ámbitos, permitindo a súa aprobación conxunta,...