“Neste tempo, caladiños”. Luís Celeiro

02 Xaneiro 2025

Bos días e bo ano, amigos lectores! E lectoras, naturalmente! Como están, vostedes? Aquí,
por onde a paisanía vai paseando cos rios de sol no carrelo, parece que fai moito frío, uns
levan a chaqueta abrochada de abaixo a arriba, outros andan como encollidos, tristes e eles
mesmos escoitan o bracuñar dos seus dentes. Uns dentes resistentes, adaptados e
acostumados a morder as codias do pan centeo. A xente, toda a xente vai abrigada e, ao
anoitecer, pasa por diante das casas, ao calorciño das lámpadas que alumean en mil cores.
Son os fríos propios de decembro, xaneiro e febreiro, os fríos da invernía que vai e volve,
como volven na primavera as andoriñas. Na primavera ou cando teñan que volver,
dependendo do lugar onde queren seguir lucindo o negro de arriba, o branco de por baixo e
a súa testa vermella. Son fermosas e loitadoras. Os científicos din que poden percorrer tres
mil quilómetros, sen présa, devagar, parando para recoller insectos, comer e seguir. Chegar
e, cando cambie o tempo, volver.
Milleiros de luces en milleiros de lugares artificialmente iluminados. Iso é o que hai, o pouco
e moito que hai. Uns enfádanse polos ruídos, pola claridade esaxerada, polas rúas
descoidadas, aínda que floreadas. A outros parécelles pouco, querían máis potencia
luminosa, máis voltaxe, máis tensión, máis sen razón e moito máis ruído.
Hai no cadro de mando quen quere moito ruído, estrondo e confusión, para tapar ou
esconder as belezas da música, do diálogo sosegado e do bo cantar. Para impedir a beleza
de falar e acordar. Meus amigos, nestes tempos de tránsito, o silencio e o calar teñen unha
bonitura infinita.
E, canto hai que calar! Os meniños das aldeas das montañas de Galicia tiñan medo daquel
home apalpador, que baixaba para ameazar e asustar aos que non comían. Tocáballes na
barriga e se non comeran o caldo (outra cousa non había), levábaos no seu saco escuro, un
saco de raias feito da tea raiada dun xergón vello. Agora todos caladiños. Nas aldeas non hai
nenos e onde os hai están ben mantidos.
O apalpador, como di a Tía Manuela “xa é outra cousa. É un axente comercial, un promotor
das multinacionais do plástico, un defensor do consumismo”. Apálpalles o ventre ou o
traseiro aos nenos e manda que lles compren regalos. Pola súa casa, pasou o apalpador ou a
apalpadora?
Neste ano que comeza a súa andadura, seguiran avanzando os cambios. Esperemos que
sexan para ben e que os desexos de solidariedade e de paz sexan realidade. Manteñamos a
esperanza e sigamos camiñando.

Outros artigos

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando el silencio se hace oración” – José Antonio Constenla

“Cuando el silencio se hace oración” – José Antonio Constenla

La primera visita del Papa a España, algo más que un viaje pastoral, ya forma parte de la historia. Nuestro país está viviendo unos días extraordinarios, cargados de emoción, simbolismo y esperanza, que permanecerán durante mucho tiempo en la memoria colectiva de...

“Nosotros no somos el Estado”. Manuel Dominguez III

“Nosotros no somos el Estado”. Manuel Dominguez III

"El estado soy yo" (L'État, c'est moi) es una célebre frase atribuida al rey Luis XIV de Francia (el "Rey Sol"). Él y otros como él si son estado, pero nosotros no somos estado. Nosotros somos los que alimentamos al estado, es decir el menú del estado Trabajamos seis...