O luns Galicia quedará baixo un réxime de ventos do sur á espera da chegada dunha nova fronte pola noite. A xornada comezará con ceos nubrados, especialmente na fachada atlántica, onde non se descartan precipitacións febles ao longo do día.
Será pola noite cando a fronte “Garoe” entre polo sur da Comunidade, deixando chuvias xeneralizadas en todo o territorio. As temperaturas experimentarán un ascenso moderado, facendo que a sensación térmica sexa algo máis suave.
En canto ao vento, este soprará do sur-sueste, sendo frouxo en terra e moderado no mar. Recoméndase precaución para a navegación debido a estas condicións.

O noso mar; Vento do sueste á mañá e á noite e do sur á tarde, forza 4 a 5. Forte marusía. Visibilidade regular. Mar de fondo do oeste á mañá e á tarde e sudoeste á noite, con ondas de 2 a 3 metros á mañá e 1.5 a 2 metros á tarde e á noite.
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)
- Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
- Praia de Balieiros directo- Corrubedo
- Praia da Ladeira directo- Corrubedo
- Praia das Furnas directo. Porto do Son
- Praia Aguieira directo.Porto do Son
- Portosín. Porto do Son
- Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
- Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
- Centro Náutico do Freixo
- Praia de Carnota
- Praia de Corón Vilanova de Arousa
- O Grove