Falece un motorista tras chocar contra un coche en Vilagarcía

07 Xaneiro 2025

O persoal sanitario nada puido facer pola súa vida.

Foron os propios servizos sanitarios os que, arredor das 21:20 horas do luns, alertaron ao 112 Galicia dun accidente entre un coche e unha moto na avenida de Pontevedra, en Rubiáns. A situación era grave, e os implicados precisaban asistencia sanitaria urxente.

De inmediato, solicitouse a acción dos axentes da Policía Nacional, así coma do Servizo de Emerxencias e da Policía Local de Vilagarcía.

Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 confirmaron pouco despois o falecemento do motorista. Ao mesmo tempo, outra persoa foi trasladada ao centro hospitalario de referencia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.