Aberto até o 14 de febreiro o prazo para presentar obras á II Mostra de Mulleres Creadoras de Ribeira 2025

29 Xaneiro 2025

A concelleira de Cultura de Ribeira, Antía Alberte, presentou os detalles da II Mostra de Mulleres Creadoras de Ribeira, unha iniciativa que na súa primeira edición, no mes de marzo do ano pasado, fíxose na honra de Carmina Romero, unha muller que viviu en Ribeira e que, segundo lembrou a edil, tentou compaxinar o seu pulo artístico coa vida de familia, cousa que lle provocaba frustración por non dar pintado todo o que se propuña pintar ao adicar boa parte do seu tempo aos coidados e aos traballos domésticos. “Traendo esta historia”, comentou a concelleira, “queremos reflectir e homenaxear as vidas desas mulleres que por avatares de xénero non lograron satisfacer as súas inquietudes culturais, xa que se viron obrigadas a antepoñer os coidados dos demais”.

Alberte salientou tamén o éxito de participación e repercusión da convocatoria do ano pasado (“foi unha exposición moi ben acollida da que incluso se imprimiu un catálogo”) e dixo que nesta edición darase prioridade ás mulleres que non puideron expoñer o ano pasado.

Desenvolverase Centro Cultural Lustres Rivas de Ribeira do 7 de marzo ao 9 de abril de 2025

Poderán participar calquera creadora que teña inquedanza por expoñer as súas obras artísticas de pintura, debuxo, gravado, fotografía, artesanía, escultura ou outras.

Fixarase un máximo dunha obra por persoa (a non ser que unha mesma obra veña composta por varias pezas tipo díptico, tríptico, etc). Seleccionaranse 30 participantes para que na sala a mostra estea ben distribuída e poidan figurar no catálogo (aínda que dependendo dos tamaños poden ser ata 35 obras/participante máximo).

O tamaño máximo das pezas non poderá superar 1,20×1,20 metros coa finalidade de que poidan garantirse ao menos as 30 participantes na exposición.

As interesadas teñen que enviar a documentación requirida (fotografía da peza con resolución de 600 ppp, título, autoría, técnica e tamaño, texto que faga alusión ao tema e unha pequena biografía) á conta de correo culturaefestexos@ribeira.gal ou entregar persoalmente no C.C. Lustres Rivas, dende o 30 de xaneiro ata o 14 de febreiro do 2025.

O catálogo será de formato cadrado (22 x 22 cm) e acompañará á inauguración da exposición o venres 7 de marzo ás 20:00 h.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...