“A toda vela, outra volta!: non queda outra! ” – Antón Luaces

12 Xaneiro 2025

A fame obriga. Ou, o que ven ser o mesmo, a necesidade de reducir custes fai que experiencias acumuladas durante séculos, obriguen aos armadores de todo tipo de buques a repensar antes de investir na construción de novos buques: retornan as velas e, desta vez, non só para as embarcacións deportivas ou de recreo, senón tamén para as de transporte marítimo e pesca. Na nosas rías, nos nosos mares, en todos os océanos, teremos a presencia fresca, amable, de buques silenciosos nos que o vento nas velas será o impulsor de embarcacións cuxa proa retomará vellas rutas para deixar unha outra vez ronseis de esperanza.   

Fai catro anos, o “Balueiro Segundo” convertíase no primeiro pesqueiro do mundo en navegar con tecnoloxía de propulsión asistida por vento.  Este palangreiro, pertencente á organización guardesa ORPAGU, instalaba a  vela ríxida, sistema que empregou xa na primeira travesía da súa historia en augas de Panamá. A vela, de 12 metros de altura -xa existen outras de maiores dimensións- foi froito dun proxecto de innovación que principiou en 2018 na Fishing Accelerator.

Apostóuse daquela, e aínda hoxe se mantén a aposta, por acadar unha maior eficiencia, dando preponderancia ao uso do vento ao mesmo tempo que se reducía o do combustible e as emisións contaminantes.  

Foron tres anos de traballo para chegar á conclusión da vela ríxida que loce, maxestosa, o “Balueiro Segundo”. Un proxecto pioneiro no mundo no que, entre as empresas participantes, figuraban unha de Vigo (Insenaval) e outra de Noruega (Kyma), líder esta última en monitorización da eficiencia de buques mercantes, responsable de monitorizar e validar o aforro de combustible e emisións nos primeiros meses de probas no Océano Pacífico.

Após un primeiro prototipo máis alto e flexible, aínda que menos axeitado para un palangreiro, éste experimentou modificacións como a altura de vela (definitivamente 12 metros de altura e un sistema de control autónomo polo que non precisa de tripulación adicional para a manexar.

Propulsar o buque co vento significa unha importante redución (en torno ao 30%) no consumo de combustible, o que ven ser tamén rebaixar a pegada de carbono (é dicir, as emisións contaminantes liberadas ao medio ambiente). 

Non  é doado cumprir completamente o proxecto de navegar a prol do vento, mais este vai tomando forma en distintos países do mundo xa que cada vez son máis os que, obrigados polas circunstancias, volven ao vento con este como recurso esencial. E a vela ríxida entronca plenamente neste senso coas embarcacións tradicionais e contra os aeroxeradores eólicos mariños que non lles permiten pescar preto da costa no Cantabrico-Noroeste. 

Canto tardaremos en visibilizar nos caladoiros galegos pesqueiros a vela que non sexan dornas?. 

Outros artigos

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

+

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.