“A hora de Galicia na pesca comunitaria. Pode garantilo Antonio Basanta?” – Antón Luaces

03 Xaneiro 2025

O sancribense (natural de Cervo, Lugo) Antonio Basanta López, en tanto que integrante do equipo do Comisario de Océanos e Pesca da Unión Europea, debe repasar con detemento as funcións por el desenvolvidas na súa recentísima etapa como director xeral de Pesca, Acuicultura e Inmersión Tecnolóxica da Consellería do Mar da Xunta de Galicia. E facelo, sobre todo, no que garda relación coa visión global do mercado da pesca, no que é un verdadeiro especialista ou experto.

Vai algo máis de dous meses, Antonio Basanta quixo por no disparadoiro á estrutura da UE ao convidar a esta a comezar unha nova etapa e modificar o rumbo nas, dixo el, “duras políticas” que xeraron un rexeitamento unánime no sector e nas distintas administracións (é de supoñer que tamén na galega).

Engadiu o daquela director xeral de Pesca do goberno galego que había que garantir unha actividade pesqueira “con futuro e sostible” tanto dende “un punto de vista ambiental como económico e social” ao coidar necesario que os Estados “sexan conscientes e non  neguen o papel que lles corresponde ao sector marítimo-pesqueiro e ao conxunto da cadea mar-industria”.

O que daquela era futuro, é neste intre o máis actual presente, un presente que Antonjo Basanta debe desenvolver un papel determinante na pesca comunitaria, nomeadamente a española e, en particular, a galega.

Non é Antonio Basanta o primeiro galego con responsabilidades na pesca europea. Responsabilidades que foron ou puideron ser decisivas para un sector fundamental na economía-social da súa terra. Mais parecera que lles queimase abordar decididamente estas cuestións que, en teoría, coñecían perfectamente e que, sen embargo, non souberon facelo ou non foron quen de arrimar á súa sardiña, que é a nosa e que era o que cumpría dada a importancia internacional deste sector.

Garantir unha actividade pesqueira con futuro e sostible era, no ideario de Basanta Lopez, posible. Agora, como director xeral de Pesca, como galego involucrado nos intereses marítimo-pesqueiros de Europa debería predicar co exemplo. Acaso non é Galicia a rexión pesqueira máis importante da UE?

Talvez non hai argumentos ou é que estes só existen cando se está na oposición?.

Outros artigos

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

+

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.