A enseada da Pobra dará a saída á Liga de Cruceiros Ría de Arousa

20 Xaneiro 2025

A unión entre os clubs máis representativos na escena cruceirista de Arousa vai facer posíbel que un ano máis se celebre a clásica regata invernal na ría. Os clubs Arousa Norte (A Pobra ), Ribeira, Rianxo e o centenario Real Club de Regatas de Galicia (Vilagarcía) axuntan forzas para poder levar a cabo a Liga de Cruceiros co fin de promocionar as regatas na tempada invernal entre a frota da ría.

Esta primeira etapa, con saída desde A Pobra, está organizada polo Club Náutico Arousa Norte, que en palabras do seu presidente, agradecía a disposición dos demais coorganizadores a levar esta regata a bo porto: “Sempre é un orgullo compartir cartel con estes clubs, ao final o que se busca é que a xente poida seguir navegando e competindo durante todo o ano e grazas ao esforzo destas entidades é unha realidade”.

Chispetrén e Ría de Arousa nunha imaxe de arquivo

A Liga de Cruceiros, que se inicia este sábado, contará con 6 etapas, unha cada dúas semanas con probas en cada un dos portos dos clubs organizadores e cunha etapa final en Vilagarcía. As regatas, en formato costeiro, consistirán en percorridos polo interior da ria de Arousa de entre 8 e 15 millas dependendo das condicións meteorolóxicas.

Entre os contendentes atópanse embarcacións procedentes de todos os clubs da contorna arousá, que tentarán levarse a vitoria final para as vitrinas dos seus respectivos clubs.

CALENDARIO LIGA DE CRUCEIROS RIA DE AROUSA 2025

1 CN Arousa Norte 25 de xaneiro

2 CN de Rianxo 8 de febreiro

3 CND de Ribeira 22 de febreiro

4 CN Arousa Norte 8 de marzo

5 CN de Rianxo 22 de marzo

6 RCR de Galicia 5 de abril

Moucho, do CND de Ribeira, terceiro clasificado na clase regata na edición 2022


Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.