Un total de 8 empresas presentaron as súas ofertas para a redacción do proxecto básico, de execución e dirección de obra do novo Centro de Saúde de Noia.
O Executivo galego ten prevista un investimento de arredor 10 millóns de euros no novo centro de saúde da localidade, tendo en conta a execución do edificio e o seu equipamento.
A nova infraestrutura sanitaria contará cunha superficie construída que superará os 3.300 metros cadrados.
As instalacións do novo centro de saúde disporán dunha área asistencial de atención clínica con 21 consultas de medicina, enfermaría, farmacia, odontoloxía e hixienista, ademais das correspondentes salas de técnicas, de toma de mostras e de espera de pacientes.
O novo centro de saúde contará cunha área asistencial de atención clínica con 21 consultas (medicina, enfermaría, farmacia, odontoloxía e hixienista), ademais de integrar o Punto de Atención Continuada e contar con base do 061 na área de urxencias.
O futuro centro de saúde de Noia tamén estará dotado con novas unidades asistenciais, como é o caso dunha área de fisioterapia e rehabilitación, unha consulta de fisioterapia e unha sala de fisioterapia; unha área de saúde mental, con 5 consultas: psiquiatría, psicoloxía, enfermaría e traballo social; e unidade de atención ás adicións.
