Todo listo para o comezo (este martes 31 ás 17.00) da San Silvestre de Noia

31 Decembro 2024

Os clubs e as/os deportistas de Noia e de toda a comarca teñen este 31 de decembro unha cita co deporte solidario: a San Silvestre de Noia, en palabras do Concello (organizador da proba xunto co Club de Atletismo) “unha gran festa para despedir o ano xuntos, co deporte como protagonista”.

A proba dará comezo ás 17.00 horas deste martes 31.

Coma cada ano, recolleranse alimentos para Cáritas Diocesana de Noia (produtos básicos de alimentación e alimentos típicos destas datas de Nadal).

O trazado será un trazado accesíbel de tres quilómetros para permitir a máxima participación (e a máxima cantidade de doazóns).

Con todo, segundo informou a organización, tanto se temos previsto correr os 3 quilómetros da proba, coma se (por calquera circunstancia) preferimos non facelo, é posíbel colaborar con esta iniciativa solidaria do Concello de Noia e do Club Atletismo de Noia (CAN), facendo contribucións en forma de produtos alimentación básicos ou alimentos típicos navideños.

Non se require inscrición previa.

Haberá trofeo para a gañadora ou o gañador.

O Concello agradeceu a colaboración, unha vez máis, de Protección Civil de Noia, Policía Local Noia e de Cruz Vermella Noia.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...